Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS5. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS5. Mostrar todas las entradas

12/6/19

AVALIACIÓN BLOQUE 6: FINAL (5º curso)

Para a avaliación deste bloque non é necesario que enviedes ningún correo electrónico, soamente se necesitades enviarme o póster se non fostes capaces de subilo a Padlet.

manuelafeixoo@gmail.com


Fichas dixitais (data límite 14 xuño):
Yoel, Sofía, Oliver, Emma, Mateo, Sara, Iria Mas, Aron, Noa, Lucía, Hugo, Maino, David Costas, Carolina, Iria Alonso, Aranza, Marta, Nerea, Sergio, Eduardo, Leo
Atención: Aitana (fáltache a nº3), Uxía (fáltache a nº6)
Non esquezades escribir o voso nome pegado a palabra "summer"

Pósters (data límite 19 xuño):
Os carteis entregados poden ser visualizados máis abaixo no Padlet. Se algún alumn@ enviou o seu cartel por correo electrónico e non aparece en Padlet, que se poña, por favor, en contacto comigo.
Conservade os pósters, en setembro deberedes traelos ao colexio.

7/6/19

BLOQUE 6: luns 8 xuño- venres 19 xuño (5º curso)

Chegamos ao último Bloque de actividades de inglés, o Bloque 6!
Nesta ocasión as actividades son un pouco máis lixeiras porque, como todos sabedes, o colexio remata o venres día 19. Polo que moito ánimo con este último bloque, e moi atentos ás instrucións.

Este Bloque 6 terá dúas partes:
- Fichas dixitais sobre o topic "The Summer"  Prazo ata o domingo 14.
- Póster "This summer I want to..." Prazo ata o venres día 19.
Para a avaliación deste bloque non é necesario que me enviedes nada, as fichas dixitais xa as reviso eu na miña aplicación, e o póster deberedes subilo directamente á aplicación Padlet. Se alguén ten dificultades coa subida a Padlet pode enviarme a foto do Póster por email e xa o subo eu.

Aviso importante: Lembrade que a partir de hoxe luns ás 00:00 as tarefas atrasadas dos bloques anteriores serán corrixidas pero xa non contarán para a avaliación do Terceiro Trimestre.

PARTE 1: FICHAS DIXITAIS.
- Farás 6 fichas dixitais con textos e vocabulario relacionados co verán "SUMMER"
- Entrega cada ficha co teu nome unido a palabra summer. Por exemplo: ManuelaFeijooSummer
- Data límite: domingo 14 de xuño
- Non é necesario enviar ningún email á profesora

Ficha 1: Repaso vocabulario 1. LISTEN AND CHOOSE.
Escoita, pronuncia e selecciona.


Ficha 2: Repaso vocabulario 2. LOOK AND CHOOSE.
Escolle a palabra correcta en cada debuxo

Ficha 3: Reading 1:  READ AND ANSWER
Le con calma a postal de Blake, nela describe as súas vacacións de verán, a onde vai, con quen, que leva na súa maleta (SUITCASE) e o que fai. Logo responde as preguntas.



Ficha 4: Reading 2:  READ AND ANSWER

Ficha 5: Reading 3: A Postcard
A. Numera os debuxos según as palabras
B. Le atentamente a postal para identificar os personaxes. Logo escribe YES/NO nas frases se o que poñen é correcto ou incorrecto.
 
Ficha 6: LISTEN AND COMPLETE "I want to..."
Nesta ficha unha persoa está expresando o que desexa facer este verán, e según o que diga ti deberás recomendarlle ir ao lugar apropiado. Presta moita atención a como escribes as palabras.
- I want to see wild animals (yo quiero ver animales salvajes)
- Go to the ... (Vete a ...)
*Non leva audio
 


PARTE 2: POSTER: THIS SUMMERTIME I WANT TO.

- Deberás facer nun folio un póster sobre un mínimo de 5 actividades que che apetezcan moito facer este verán. Imos imaxinar que imos poder facer de todo. Para inspirarte tes máis abaixo unha ficha dixital onde aparecen un montón de posibles actividades divertidas para facer no verán. Se tes dúbidas sobre o que significa algunha, ou de como escribir outras diferentes podes deixarme un comentario nesta entrada.
Aproveitaremos para practicar " I want to" (yo quiero...)

Instrucións para a realización do póster:
- O debuxo debe ser feito en horizontal.
- Debe titularse: This Summertime I want to... (Este verano yo quiero...)
- O título debe destacar en tamaño e colorido.
- Deben aparecer un mínimo de 5 actividades, cun debuxo, símbolo ou foto relacionado con cada actividade e unha frase completa acompañando a cada debuxo. Por exemplo ( I want to have a picnic / I want to camp in the backyard) (Eu quero facer un picnic / Eu quero acampar no patio trasero).
- Cando teñas o teu debuxo rematado sácalle unha foto e súbeo a aplicación Padlet. Instrucións máis abaixo.


Instrucións de como subiro teu Póster a Padlet:
- Fai clic no símbolo +, na esquina inferior dereita.
- Escribe no título o teu Nome
- Dalle ao símbolo da cámara de fotos se queres quitar a foto ao teu debuxo e subila, ou ben, dalle ao símbolo da frecha hacia arriba se a foto xa a tes no teu dispositivo e soamente queres subila.
Se tendes dificultades en subila foto podedes enviarme por email.

Hecho con Padlet

4/6/19

AVALIACIÓN BLOQUE 5: luns 8 xuño (5º curso)

A avaliación deste Bloque 5 consistirá no envío por correo electrónico das seguintes fotos:
. Exercicios da libreta: 
-  Actividade 1: Explicación diferencia UK, Great Britain, England
- Actividade 2: mapa The UK
- Actividade 3: Bandeira The UK
. Recadro resultados das 3 Fichas dixitais e as voluntarias se as fixeches
O resultado do xogo Kahoot xa o teño eu anotado.

manuelafeixoo@gmail.com


EXERCICIOS LIBRETA: Iria Mas, Sofía, Noa, David Costas, Emma, Hugo, Nerea, Lucía, Sara, Oliver, Matilda, Uxía, Iria Alonso, Carolina, Aranza, Marta, Leo, Maino, Yoel, Mateo, Sergio, Aitana

FICHAS DIXITAIS: Iria Mas, Noa, David Costas, Emma, Hugo, Nerea, Lucía, Sofía, Sara, Oliver, Maino, Matilda, Uxía, Iria Alonso, Carolina, Aranza, Marta, Leo, Yoel, Mateo, Sergio, Aron, David Fernández, Aitana

KAHOOT: Iria Mas, Sofía, Noa, David Costas, Maino, Hugo, Nerea, Matilda, Sara, Enma, Oliver, Maino, Uxía, Iria Alonso, Carolina, Aranza, Marta, Leo, Yoel, Mateo, Sergio, Aron, David Fernández, Aitana

FICHAS DIXITAIS VOLUNTARIAS: Iria Mas, David Costas, Emma, Hugo, Nerea, Lucía, Iria Alonso, Carolina, Aron, David Fernández, Sergio

ATENCIÓN: O luns día 8 de xuño será o último día para entregar calquera tarefa atrasada correspondente aos Bloques 1, 2, 3, 4 e 5. Despois dese día os traballos serán igualmente corrixidos por min, pero non contarán para a nota da avaliación.


24/5/19

BLOQUE 5: 25 maio - 8 xuño (5º curso)

Neste Bloque 4 traballaremos sobre a Cultura Británica, centrándonos sobre todo na súa cidade máis importante LONDON
Deberás ler atentamente todos os apartados, incluídas as lecturas e visualizar todos os vídeos. Deberás facer as  actividades na orden establecida. Son 7 actividades: 
- Libreta: activity 1, activity 2, activity 3
- Fichas dixitais: activity 4, activity 5, activity 6
- Kahoot: activity 7
Toma nota dos resultados das fichas dixitais nun recadro como nos bloques anteriores. Para a avaliación deste bloque deberás enviar foto dos 3 exercicios da libreta e o recadro do resultado das 3 fichas dixitais.

O Territorio de United Kingdom (The UK)
A xente tende a confundir estes terrritorios: The Uk (o Reino Unido),  Great Britain (Gran Bretaña) e the British Isles (Illas Británicas), non son exactamente o mesmo territorio,. Observa ben os seguintes mapas para entender esta diferencia.

. O Reino Unido (The United Kingdom) está formado por 4 nacións: Inglaterra (England), Gales (Wales), Escocia (Scotland) e Irlanda do Norte (North Ireland)
. Gran Bretaña (Great Britain) comprende soamente as 3 nacións da illa, non inclúe a Irlanda do norte.
. Inglaterra (England) é unha das 5 nacións do Reino Unido.



. Actividade 1: Libreta "The UK, Great Britain and England"
Explica e debuxa na túa libreta a diferenza entre The UK, Great Britain and England.


Actividade 2: Libreta "Map of the UK"
O Reino Unido está composto por 4 nacións, algo parecido as nosas comunidades autónomas. Debuxa na túa libreta, un mapa do Reino Unido (the UK) coas súas 4 nacións e as capitais de cada unha destas nacións, debuxa tamén unha estrela na capital do Reino Unido.
O nome das nacións escríbeo con maiúsculas e o das capitais con minúscula.





The flag of the UK
A bandeira do Reino Unido foi cambiando a medida que diferentes territorios se foron incorporando ao Reino Unido. Á bandeira do Reino Unido tamén se lle chama "The Union Jack".
Visualiza este vídeo sobre os cambios no territorio en na bandeira de UK.


O dragón da bandeira de Gales (Wales) non se incorporou á bandeira de UK porque cando se diseñou a primeira bandeira da Union Jack (1606), Gales estaba unido a Inglaterra.




Actividade 3: Libreta "The flag of the UK"
Debuxa a bandeira do Reino Unido "The Union Jack" o máis real posible. O seguinte vídeo pode axudarche.



London, the capital city of the UK

Londres é a capital de UK. Nos seguintes vídeos farás unha pequena excursión polos sitios máis emblemáticos de Londres. 
Visualiza os vídeos moi atentamente, toma notas se o precisas, logo deberás realizar unhas fichas dixitais e un Kahoot sobre todo o aprendido sobre Great Britain and London.


Video 1: This is London (Esto es Londres)


Vídeo 2: London sightseeing (Excursión a Londres)


. Actividade 4: Ficha dixital "London Landmarks" (Sitios emblemáticos de Londres)

. Actividade 5: Ficha dixital "Sitios emblemáticos de Londres II"

. Actividade 6: Ficha dixital The UK



. Actividade 7: Kahoot "British Culture".
Antes de facer este Kahoot debes ler atentamente esta información sobre estas importantes festividades celebradas en UK e USA.
 O Kahoot soamente podes facelo unha vez, non esquezas escribir correctamente o teu nome e apelido. Enlace XOGO KAHOOT














Actividade 8: Fichas dixitais "Culture Aspects" (voluntarias)
Estas fichas soamentes é para quen vaia moi avanzado e queira facelas para avaliar os seus coñecementos sobre a cultura británica, pódese facer as veces que se queira.




21/5/19

AVALIACIÓN BLOQUE 4: Luns 25 maio (5º)

A avaliación deste Bloque 4 consistirá no envío a través do correo electrónico de:
 - Foto das 3 actividades da libreta
-  Foto do recadro do resultado das fichas dixitais que debedes ter feito na libreta. O recadro debe estar completo antes de ser enviado.
Procurade entregar todas as fotos nunha mesma mensaxe de correo electrónico. Non esquezades poñer no “asunto” o voso NOME  e CURSO.



manuelafeixoo@gmail.com


EXERCICIOS LIBRETA: Iria Mas, Sara, David Costas, Noa, Nerea, Matilda, Lucía, Enma, Iria Alonso, Carolina, Hugo, Aitana, Maino, Arón, Sofía, Marta, Sergio, Yoel, Uxía, Mateo, Oliver, Leo

FICHAS DIXITAIS: Iria Mas, Sara, David Costas, Noa, Nerea, Matilda, Lucía, Enma, Iria Alonso, Carolina, Hugo, Aitana, Maino, Arón, Sofía, Marta,Sergio, Yoel, Uxía, Mateo, Oliver

10/5/19

BLOQUE 4: 11 maio - 25 maio (5º curso)

Iniciamos o Bloque 4. Neste Bloque imos repasar as horas, rutinas, actividades de tempo libre, preposicións de tempo, vocabulario roupa-weather e descripción de animais.
Faremos 12 Fichas dixitais e 3 Exercicios na libreta.
Comezaremos igual que no bloque anterior facendo un recadro na libreta para anotar os resultados das fichas dixitais. 
Na avaliación deste bloque pedirei o mesmo que na anterior: recadro das fichas dixitais e os 3 exercicios da libreta.
Lede moi ben as instrucións antes de facer cada ficha. Podedes repetir unha vez cada ficha. Escribide Nome e Apelido ao rematar cada ficha.
Se precisades buscar algunha palabra no dicionario podedes usar GOOGLE TRANSLATE

BLOQUE 4
11 maio-25 maio
Nota
 (1º intento)
Nota
 (2º intento)
1


2


3


4


5


6


7


8


9


10


11


12


Total




1. ALL ABOUT ME
- Ficha dixital: Une, Ordena, Completa os ocos.
- Actividade libreta:
Escribe as preguntas desta ficha e responde sobre ti mesmo, logo fai un texto como o de David pero sobre ti mesmo






2. FREE TIME ACTIVITIES 





3. LIKES AND DISLIKES
*Atención na actividade D non esquezades poñer o símbolo de interrogación nas preguntas que formedes.



4. WHAT'S THE TIME?
Escoita a hora e observando o reloxo marca TRUE-verdadeiro ou FALSE-falso.



5. MATCH THE TIMES



6. WHAT TIME DO YOU...? Aque hora ti...?
Arrastra as etiquetas


7. DAILY ROUTINES. Rutinas diarias
Exercicio libreta: Despois de facer a ficha fai un texto escribindo 8 frases sobre a rutina dun personaxe inventado por ti (mosntro, extraterreste...). Non esquezas poñer a que hora fai as actividades, e lembra que as frases teñen que comezar con HE ou SHE e o verbo debe levar S.


8. AT SCHOOL
Copia as palabras de arriba no oco correspondente.





9. PREPOSITIONS OF TIME
Le moi atentamente a explicación que aparece na ficha de cando usar AT, IN, ON




10. ODD ONE OUT
Marca o intruso en cada fila, é dicir, a palabra que sobraría porque non ten sentido nese grupo.




11. ANIMAL WORLD

Le moi ben as descricións, se non entendes algunha palabra utiliza o dicionario.




12. ANIMAL DESCRIPTION (Descripción animal)
Ficha dixital: arrastra as palabras aos seus ocos.
Exercicio Libreta: Debuxa un animal na libreta e fai a súa descripción seguindo o modelo da ficha dixital. Debe aparecer os verbos: Is (es), has got (tiene), can (puede), can't (no puede)











7/5/19

Avaliación Bloque 3: 11 maio (5º curso)

A avaliación deste Bloque 3 consistirá no envío a través do correo electrónico de:
 - Foto das 3 actividades da libreta
-  Foto do recadro do resultado das fichas dixitais que debedes ter feito na libreta. O recadro debe estar completo antes de ser enviado.
Procurade entregar todas as fotos nunha mesma mensaxe de correo electrónico. Non esquezades poñer no “asunto” o voso nome e curso.
manuelafeixoo@gmail.com


EXERCICIOS LIBRETA: Iria Mas,  Lucía, David Costas, Sofía, Arón, Hugo, Enma, Carolina, Nerea, Uxía, Marta, Maino, Noa, Iria Alonso, Matilda, Aranza,  Oliver, Aitana, Leo, Sara, Sergio, Mateo

FICHAS DIXITAIS: Iria Mas, Lucía, Sara, David Costas, Sofía, Arón, Hugo, Enma, Carolina, Nerea, Uxía, Marta, Maino, Noa, Iria Alonso, Matilda, Aranza,  Oliver, Aitana, Leo, Sergio, Mateo

27/4/19

BLOQUE 3: 27 abril-11 maio (5º curso)

Repasaremos conceptos de Gramática e Vocabulario facendo  Fichas Dixitais.
Nestas fichas practicaremos actividades de Listening (escoitar), Reading (ler) e Writing (escribir).
Le atentamente as instrucións de cada ficha antes de facela.

Antes de nada, crea na libreta, nunha páxina nova, unha plantilla coma esta, nela terás que ir anotando as fichas dixitais que vas facendo e a nota que quitas en cada unha, podes repetir cada ficha dixital unha vez. Ao remate deste bloque é posible que che pida unha foto desta plantilla.

BLOQUE 3
27 abril-11 maio
Ficha número:
Nota
 (1º intento)
Nota
 (2º intento)
1


2


3


4


5


6


7


8


9


10


Total




Instruccións Fichas Dixitais
Simplemente debedes entrar na ficha correspondente e facela, ao remate debedes darlle a FINALIZADO, pediravos o voso NOME e APELIDOS, tras iso inmediatamente na esquina superior esquerda en vermello aparecerá a vosa NOTA, eu recibirei tamén a vosa nota nese momento a través da aplicación.
Podedes repetir unha vez cada ficha dixital se o desexades.

1. PREPOSITIONS OF PLACE
Escoita e selecciona o debuxo apropiado. 
Antes de facer a ficha repasa as seguintes preposicións de lugar:
ON: encima
OVER: encima pero sin tocar
IN: dentro
UNDER: debaixo de
BEHIND: detrás de
NEXT TO: al lado de
IN FRONT OF: delante de 
BETWEEN: entre




2. NUMBERS 1-100
Escoita e escribe os números (con número, non con letra)





3. PRESENT SIMPLE
Visualiza o vídeo as veces que necesites.
Selecciona a palabra correcta en cada oco.




4. READING "ARIANA GRANDE"
Le atentamente esta lectura sobre a vida da artista Ariana Grande, despois responde ás preguntas.
A. marca a resposta correcta
B. escribe a letra correspondente dentro do cadrado
C. escribe a palabra correcta (soamente unha)
D. Escribe soamente a letra T ou F (true-verdadeiro / false-falso)


5. ANIMALS 
Escolle a resposta correcta




6. GIVING DIRECTIONS
Dar direccións.
Une cada pregunta coa súa resposta mirando atentamente ao plano.



7. SOME or ANY
Antes de facer a ficha repasa na libreta SOME (algun@s) / ANY (algun@s/ ningun@s)
Lembra que SOME o utilizabamos nas afirmativas e ANY nas negativas e interrogativas.
PERO ATENCIÓN: nas oracións 3, 6, 12, 15 habería que por SOME porque cando pides algo ou ofreces algo aínda que sexan preguntas hai que poñer SOME (isto estudiarédelo máis adiante)
3. Can I have SOME water, please?
¿Puedo tomar algo de agua por favor?
6. Would you like SOME chocolate?
¿Te gustaria algo de chocolate?



8. WHO IS WHO
Le e observa, averigua quen é cada neno. Escribe o nome no recadro enriba de cada neno.
Actividade libreta: fai un debuxo na libreta sobre ti, colorea a roupa. Logo fai unha descripción sobre ti semellante a destes nenos.




9. ORDER THE SENTENCES
- Actividade libreta: escribe cada unha destas frases ordenadas na libreta coa súa traducción debaixo de cada frase.
- Despois fai esta ficha dixital ordenando as frases como na libreta, se che da erro corríxeas de novo na libreta.
LEMBRA: os adxectivos en inglés sempre van diante do substantivo (a new car: un coche novo)


10. DAILY ROUTINE
- Escoita o listening sobre a rutina diaria de Caroline e completa os ocos.
- Actividade libreta: escribe na libreta un texto con 7 frases sobre a túa rutina semellantes ao tipo de frases dos exercicios 3,4 e 10. Por exemplo:
. I get up at seven o'clock every morning.

22/4/19

AVALIACIÓN BLOQUE 2: 27 abril (5º curso)

A avaliación deste BLOQUE 2 consistirá na entrega de 2 tarefas, unha obrigatoria e outra voluntaria.

. Obrigatoria,  Actividade Kahoot: valorarase se foi feita a actividade nº 10, o Kahoot. Non fai falla que enviedes nada, xa que Kahoot xa me informa dos nen@s que a fan. POÑEDE NOME E APELIDO.

. Voluntaria,  Actividade Audio: enviar un audio ao meu correo (manuelafeixoo@gmail.com), o audio será da primeira páxina da story do tema 5, páxina 44 do Student's Book (o texto das 4 primeiras viñetas).
O audio en vez de envialo por email tamén podedes subilo a aplicación de mais abaixo chamada PADLET, simplemente debedes darlle ao símbolo + e subir o arquivo do sitio onde o teñades (móbil, ordenador, tablet), unha vez subido pode diciros que require aprobación, significará que todo está correcto. As demais persoas non poderán escoitar ao voso audio en ningún momento. ESCRIBIDE O VOSO NOME E APELIDO NO TÍTULO.

Ao igual que no bloque anterior, os vosos nomes aparecerán nesta lista se as tarefas foron entregadas. Se por algún motivo entregastes as tarefas e o voso nome non aparece escribídeme un email, ou deixade un comentario nesta entrada.

ACTIVIDADE KAHOOT: Iria Alonso, Carolina, David Costas, Hugo, Nerea, Marta, Noa, Aron, Aranza, Uxía, Iria Mas, Leo, Oliver, Aitana, Lucía, David Fernández, Sara, Sergio, Matilda, Mateo, Yoel

ACTIVIDADE AUDIO VOLUNTARIA: Noa, Aranza, Iria Alonso, Hugo, Uxía, Carolina, Sara, Lucía, Sofía, David Costas, Leo, Sergio, Yoel, Nerea


Hecho con Padlet

13/4/19

BLOQUE 2: 13-27 abril (5º curso)

BLOQUE 2

Comezamos unha nova quincena. Ánimo rapaces!!!
Neste bloque imos centrarnos na STORY do tema 5 e nas TRANSLATION LIST, nas dúas versións (English-Spanish: a fácil), e a versión (Spanish-English: a difícil).
Como última actividade tendes un "Kahoot Challenge" (Reto Kahoot), xa veredes en que consiste.
Para a seguinte quincena se seguimos co traballo telemático xa vos teño preparado algo dixital que seguro vaivos gustar máis.
Seguide traballando e esforzándoos que pronto poderemos volver ao cole e  desfrutar dos amig@s. E lembrade STAY AT HOME AND STRONG!!!

  Dúbidas e comentarios neste post ou no email "manuelafeixoo@gmail.com"

Sesión 1
·  Escoita o audio da “Story” da unidade 5 vendo ao mesmo tempo polo Student’s Book páxinas 44-45.  AUDIO STORY AQUÍ
·  Le en voz alta a Story , se o necesitas volve a escoitar o audio de novo.
·  Busca no dicionario as palabras da Story que non coñezas e anótaas na libreta, escribe un título para esta actividade “Story Vocabulary”
Sesión 2
· Fai as actividades sobre a “Story” do Activity Book páxinas 40-41.
. Traduce as frases do exercicio 8 na libreta. Non esquezas as normas da libreta, incluído o título.
Sesión 3
·    Escoita  a “Translation List 5” versión English.
·    Copia a “Translation List 5” versión English nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. Se non tes folios ou follas podes facelo na libreta de inglés.
Sesión 4
·  Traduce a “Translation List 5” vEnglish ao español ou galego, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 5
·  Corrixe a Translation List que fixeches onte vendo por TRANSLATION LIST 5 (vSpanish).
Fixate ben en todas as palabras.
·  Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vE”
Sesión 6
Copia a “Translation List 5” versión Spanish nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión.
Sesión 7
· Traduce a “Translation List 5” vSpanish ao idioma inglés, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 8
·             Corrixe o teu traballo vendo por TRANSLATION LIST 5 (vEnglish).  Fixate ben en todas as palabras.
·             Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vSpanish”
Sesión 9
·  Escoita de novo o audio da TRANSLATION LIST vEnglish.
·  Estuda as dúas Translation List e cando esteas list@ pídelle a alguén da familia que chas pregunte nos dous idiomas.
Sesión 10
·         Kahoot challenge. Trátase dun pequeno xogo online, onde simplemente tes que facer clic nas respostas correctas. Segue os seguintes pasos:

-.  Fai clic no enlace de abaixo.
-. Escribe o teu NOME E APELIDO.
·         Deixa un comentario neste “Post” sobre como che foi coas tarefas.





























































Se precisades un TRABALLO EXTRA podedes descargar as seguintes FOTOCOPIAS, podedes facer para repasar os temas 1-2-3-4. As solucións están ao final, non as miredes ata que as teñades feitas.