Mostrando entradas con la etiqueta HOME6. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HOME6. Mostrar todas las entradas

30/1/26

Teatro: UNBOXING ALICE

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu a unha obra de teatro en inglés. 

Este ano fomos sorprendidos por unha versión un tanto loca e moderna do tradicional conto de "Alice in Wonderland".  

Asistimos á gravación do primeiro Tweedletube dos xemelgos Tweedle Dee and Tweedle Dom, un "unboxing" un tanto loco e caótico.

Tivemos a grande sorte de que Leo de 5º e Natalia de 6º foron elixidos para representar a dous dos personaxes, The White Rabbit e Alice respectivamente. Estiveron incríbles no seu papel.





15/5/25

BEST SONGWRITER

Grandes compositores, a vista dos resultados, son os nenos e nenas de sexto. 

O alumnado traballou durante uns días na composición de cancións. A temática era libre e o único requisito era a utilización obrigatoria do tempo gramatical "Simple Past".

En equipos comezaron tomando decisións en canto á temática, rima, vocabulario... Tras esta primeira fase de composición da letra pasaron a buscar unha melodía apropiada e adaptada aos gustos de cada equipo axudados por diferentes plataformas de IA.


Posteriormente tocaría darlle publicidade a obra de cada equipo e para iso utilizamos un muro de Padlet. Quixemos profundizar aínda máis no traballo e cada equipo creou unha ficha de traballo centrada na súa canción para dala a coñecer, podía ser en formato físico ou dixital.

Por último, e tras escoitar todas as composicións, o alumnado pasou a valorar e puntuar os traballos dos compañeiros na procura da canción máis valorada. A votación estivo moi parella, xa que o nivel de todas as creacións era moi alto. Finalmente estas foron as cancións gañadoras:

1st: "Last School Trip" by Julia, Sofía and Victoria

2nd: "Spermatozoon" by Daniela, Martina and Noa

3rd: "The Weekend" by Emma and Xabi


Podedes escoitar todas as composicións no seguinte enlace. Que vos parece o resultado?

            ENLACE SONGWRITERS

23/5/24

T-shirts Day 2024

 E coa chegada da primavera celebramos o día das camisetas en inglés!

Hoxe todo o cole luciu divertidas "T-shirts" con mensaxes moi divertidas e optimistas.

Grazas chic@s pola vosa participación, e lembrade o importante que é comprender sempre o que pon as prendas de vestir que lucimos cada día.



17/5/24

BLOOKET

 Xogamos coa aplicación BLOOKET a repasar a unidade 5 coa clase de 5º e 6º. Coma sempre coa apreciada axuda do noso auxiliar británico Hamish.




 



11/4/22

50 Irregular verbs

A aprendizaxe dos verbos irregulares non é unha tarefa doada, por tal motivo os nenos e nenas de sexto realizaron este vídeo para poder aprendelos máis facilmente, esperan que tamén vos axude a vós. Agradecemos a nosa auxiliar de conversa Allison pola axuda prestada.


Descargar plantilla de verbos irregulares (50 básicos)

25/1/21

PEACE DAY

O día 30 desta semana o mundo enteiro celebrará o Día da Paz. Desde a aula de lingua inglesa invitámosvos a ver este bonito libro que fixeron fai un tempo os alumnos de 6º. Trátase dun libro bilingüe (inglés-galego) en formato dixital e outro físico, que está dispoñible para todos na Biblioteca do Centro. 
O libro titúlase "Imagine", como a canción de John Lennon, xa que está baseado na súa canción.
Esperamos que disfrutedes moito coa súa visión ou lectura!



20/10/20

Asking and Answering

 Iria A, Iria M, Yoel e Hugo ofrecéronse voluntarios para gravar este vídeo que vai axudarnos a repasar preguntas e respostas de tipo persoal.

Grazas chic@s!



1/4/18

MY IDENTITY FLAG

Novo proxecto coa nosa auxiliar Sabine.
Nesta ocasión creamos as nosas bandeiras de identidade grazas as explicacións de Sabine e a nosa reflexión persoal sobre como somos, onde vivimos e sobre o que nos gusta.






Enlace Presentación Sabine
Enlace Bandeiras Sara Rahbar