22/6/26

It's summer time!

 


Despedida Promoción 2026

Un ano máis despedimos con moita tristeza unha nova promoción de alumnos e alumnas, a máis numerosa que tivemos ata o de agora. Aínda que algúns se incorporaron máis tarde, como Natalia e Tiago, nunca os esqueceremos porque, ao igual que todos os demais, deixaron unha grande pegada aquí, en Tintureira. 

Sodes fantástic@s non o esquezades!

6ºA
Hugo, Alex, Sara, Fabio, Mara
Carla, Bianca, Óscar, Naiara, Alba
Nerea, Xacobe, Diego, Elías, Mencía, Pedro 

6ºB
Anxo, Valentina, Leo, Antía, Tiago
Izan Biscoti, Natalia, Izan Extremadura, Ainara
Brais, Chloe, Yaiza 
 
 

MOITÍSIMA SORTE, CHIC@S!  

2/3/26

Under the sea, I can see...

Un dos días do Entroido, o señor Meco pedíu a todos os nenos e nenas do colexio que viñesen coa cara pintada cun animal mariño. O alumnado de Primeiro non fallou a este mandato, e tan ben estaban que decidimos lembrar ese día creando este libriño en formato dixital e outro en papel para a biblioteca de aula.

O libro titúlase "Under the sea, I can see...". Esperamos que vos guste tanto coma a nós.


 


 

21/2/26

What do you want to be?

Os nenos e nenas de cuarto teñen moi claro o que queren ser de maiores. 

Queredes averigualo?




30/1/26

Teatro: UNBOXING ALICE

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu a unha obra de teatro en inglés. 

Este ano fomos sorprendidos por unha versión un tanto loca e moderna do tradicional conto de "Alice in Wonderland".  

Asistimos á gravación do primeiro Tweedletube dos xemelgos Tweedle Dee and Tweedle Dom, un "unboxing" un tanto loco e caótico.

Tivemos a grande sorte de que Leo de 5º e Natalia de 6º foron elixidos para representar a dous dos personaxes, The White Rabbit e Alice respectivamente. Estiveron incríbles no seu papel.





NEW YEAR'S RESOLUTIONS

 Coa chegada do novo ano cada alumno elaborou a súa lista de propósitos e metas para este 2026.

Colgámolos na clase a modo de guirnalda, desexando que moitos deles cheguen a cumplirse.


22/12/25

Celebrando o Nadal


Tras a celebración do Nadal deixamos aquí uns vídeos con algún dos cursos no ensaio previo a celebración da festa.
Parabéns a tod@s, o resultado foi marabilloso, coma sempre.
Se queredes máis detalles podedes acceder á publicación da celebración na páxina web do centro. Enlace




1/12/25

CHRISTMAS 2025

 O tema do Biblioteca deste ano levounos ata esta famosa e tradicional panxoliña inglesa titulada I saw three ships.

A primeira versión publicada é do ano 1833 pero nós imos cantar a versión do grupo Blackmore's night gravada no ano 2006.