24/5/19

BLOQUE 5: 25 maio - 8 xuño (5º curso)

Neste Bloque 4 traballaremos sobre a Cultura Británica, centrándonos sobre todo na súa cidade máis importante LONDON
Deberás ler atentamente todos os apartados, incluídas as lecturas e visualizar todos os vídeos. Deberás facer as  actividades na orden establecida. Son 7 actividades: 
- Libreta: activity 1, activity 2, activity 3
- Fichas dixitais: activity 4, activity 5, activity 6
- Kahoot: activity 7
Toma nota dos resultados das fichas dixitais nun recadro como nos bloques anteriores. Para a avaliación deste bloque deberás enviar foto dos 3 exercicios da libreta e o recadro do resultado das 3 fichas dixitais.

O Territorio de United Kingdom (The UK)
A xente tende a confundir estes terrritorios: The Uk (o Reino Unido),  Great Britain (Gran Bretaña) e the British Isles (Illas Británicas), non son exactamente o mesmo territorio,. Observa ben os seguintes mapas para entender esta diferencia.

. O Reino Unido (The United Kingdom) está formado por 4 nacións: Inglaterra (England), Gales (Wales), Escocia (Scotland) e Irlanda do Norte (North Ireland)
. Gran Bretaña (Great Britain) comprende soamente as 3 nacións da illa, non inclúe a Irlanda do norte.
. Inglaterra (England) é unha das 5 nacións do Reino Unido.



. Actividade 1: Libreta "The UK, Great Britain and England"
Explica e debuxa na túa libreta a diferenza entre The UK, Great Britain and England.


Actividade 2: Libreta "Map of the UK"
O Reino Unido está composto por 4 nacións, algo parecido as nosas comunidades autónomas. Debuxa na túa libreta, un mapa do Reino Unido (the UK) coas súas 4 nacións e as capitais de cada unha destas nacións, debuxa tamén unha estrela na capital do Reino Unido.
O nome das nacións escríbeo con maiúsculas e o das capitais con minúscula.





The flag of the UK
A bandeira do Reino Unido foi cambiando a medida que diferentes territorios se foron incorporando ao Reino Unido. Á bandeira do Reino Unido tamén se lle chama "The Union Jack".
Visualiza este vídeo sobre os cambios no territorio en na bandeira de UK.


O dragón da bandeira de Gales (Wales) non se incorporou á bandeira de UK porque cando se diseñou a primeira bandeira da Union Jack (1606), Gales estaba unido a Inglaterra.




Actividade 3: Libreta "The flag of the UK"
Debuxa a bandeira do Reino Unido "The Union Jack" o máis real posible. O seguinte vídeo pode axudarche.



London, the capital city of the UK

Londres é a capital de UK. Nos seguintes vídeos farás unha pequena excursión polos sitios máis emblemáticos de Londres. 
Visualiza os vídeos moi atentamente, toma notas se o precisas, logo deberás realizar unhas fichas dixitais e un Kahoot sobre todo o aprendido sobre Great Britain and London.


Video 1: This is London (Esto es Londres)


Vídeo 2: London sightseeing (Excursión a Londres)


. Actividade 4: Ficha dixital "London Landmarks" (Sitios emblemáticos de Londres)

. Actividade 5: Ficha dixital "Sitios emblemáticos de Londres II"

. Actividade 6: Ficha dixital The UK



. Actividade 7: Kahoot "British Culture".
Antes de facer este Kahoot debes ler atentamente esta información sobre estas importantes festividades celebradas en UK e USA.
 O Kahoot soamente podes facelo unha vez, non esquezas escribir correctamente o teu nome e apelido. Enlace XOGO KAHOOT














Actividade 8: Fichas dixitais "Culture Aspects" (voluntarias)
Estas fichas soamentes é para quen vaia moi avanzado e queira facelas para avaliar os seus coñecementos sobre a cultura británica, pódese facer as veces que se queira.




No hay comentarios:

Publicar un comentario