14/03/19

BLOQUE 1: 16 marzo-3 abril (4º curso)

Atención nenos e nenas da clase de cuarto, imos traballar o tema 5 desde casa.
Lede ben as instrucións antes de facer cada actividade.
Son 14 actividades (14 sesións) que podedes facer por día, será o voso traballo ata Semana Santa.
Para calquera dúbida ou incidencia podedes deixar unha mensaxe neste "post" ou enviar un correo a manuelafeixoo@gmail.com
Ide comentando os vosos avances aquí no blogue de inglés.
Lembrade que tamén tendes na casa o voso CD cos audios e xogos de cada tema.


Con respecto a área de "Science" como non teñen todos os nenos o caderniño do tema seguinte, de momento os que o tendes non fagades nada, vou pensar unha posible solución.


4th CLASS

LE CON ATENCIÓN
Unidade
Unit 5: Let’s eat (Comamos!)
Obxectivo
. Expresar en inglés que alimentos che gustan ou non.
. Preguntar e responder sobre o prezo dos alimentos nunha tenda.
. Pedir algo para tomar.
. Expresar oralmente ou por escrito o que comes nas distintas comidas do día e a hora a que o fas.
Vocabulario
. Nomes de alimentos
. Números 1-100
Gramática
. Presente Simple (I like/ I don’t like)
. Pronomes persoais: I, you, he, she, it, we, you, they
. Adxectivos posesivos: my, your, his, her
. What are your favourite foods? My favourite foods are …
. I have cereal for breakfast
. Can I have a pizza, please? Yes, here you are
. How much is the pizza? It’s seven euros, fifty cents.


ACTIVIDADES QUE DEBES REALIZAR
Activity 1:
Visita no blogue de inglés o apartado de “Songs” correspondente a Unit 5 e visualiza as cancións:
. “I like food”
. “Everybody is hungry”
Fíxate ben na letra desta última canción, intenta cantala.
Activity 2:

Comeza o tema novo escribindo na libreta a “Vocabulary List”
Lembrade que comezamos sempre nunha páxina nova, non esquezades poñer “date”, “weather”, e o título do tema.
A “vocabulary list” deste tema está composta por dúas listas, unha de alimentos e a outra de números.
So deberás copiar na libreta a “Vocabulary List” sobre alimentos. Ánimo son 58 palabras, a maioría delas son de repaso dos cursos anteriores.

Activity 3:
Visita no blogue de inglés o apartado do xogo Lim. Fai as páxinas do xogo 1-12 repasaràs a pronunciación e a grafía da “Vocabulary List”
Activity 4:
Entra no xogo Lim do Tema 5 e fai as páxinas 1-9, practicarás a pronunciación e o recoñecemento do vocabulario novo.

Activity 5:
Le varias veces a “Vocabulary List” sobre comida e a continuación intenta escribir nun papel as palabras en inglés sen mirar.
Podes descargar dúas plantillas en inglés ou en español para practicar as veces que queiras.
Podes descargar estas plantillas AQUÍ: English - Spanish

Activity 6:
Repasa a gramática deste tema visualizando os seguintes vídeos no apartado de “Vídeos” da unidade 5:
. Vídeo “Do you like food?”
. Vídeos: “Food”
Fai as actividades 1-2 do AB (páxina 37)
Lembra:
I like: Me gusta
I don’t like: No me gusta
Activity 7:
. Escoita o diálogo do (SB page 42 nº 3)
. Le en voz alta o diálogo intentando pronunciar correctamente, se é necesario volve a escoitar o audio.
. Copia o diálogo na libreta nunha nova páxina. Non esquezas poñer “Date”, “Weather” e o título, pensa ti un apropiado.
. Opcional: visualiza o vídeo “How much is it?” no apartado de videos da unidade 5.

Activity 8:
. Descarga a plantilla sobre números e visualiza o vídeo “Numbers 1-100” no apartado de vídeos da unidade 4. Repite a pronunciación dos números a medida que os escoitas. PREMER AQUÍ
. Escribe na libreta os seguintes números en inglés. Empeza nunha páxina nova e non esquezas “date”, “weather” e un título. Escríbeos en columna, en número e en letra, como no meu primer exemplo. Podes facer dobre columna se ves que che cabe de maneira ordenada.
1: one
2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,16,17,18,19,20,21,30,32,40,43,50,54,60,65,70,76,80,87,90,91,92,93,94,95,96,97,98,99,100.

Activity 9:
. Escribe na libreta con letras bonitas e de cores esta frase, faino coa libreta en horizontal:
How much is the burger? It’s £
¿Cuánto vale la hamburguesa? Vale 3 libras
. Fai os exercicios 3-4-5 do AB páxina 38

Activity 10:
Fai as actividades do xogo LIM desde a páxina 10 ata o final.
Activity 11:
. Copia na libreta os textos das comidas de Karim (Karim’s meals).
SB page 43 nº5. Son 3 textos que deben aparecer perfectamente separados co seu título correspondente. Fainos na libreta nunha folla nova, non esquezas “Date”, “weather” e o título que pode ser “Karim’s meals”
. Traduce un deles, o que ti elixas.
Opcional: traduce os tres textos.
Activity 12:
Escoita a canción de inicio de tema 5. (SB page 41)
Logo cópia en inglés na libreta.
A continuación tradúcea ao español ou galego.
Activity 13:
. Escribe na libreta con letras bonitas e de cores esta frase, faino coa libreta en horizontal:
Can I have a salad, please?
¿Puedo yo tomar una ensalada, por favor?
. Fai os exercizos 12 e 13 AB page 42.
Activity 14:

. Fai os exercizos do AB das páxinas 39 e 44.

Ningún comentario:

Publicar un comentario