13/4/19

BLOQUE 2: 13-27 abril (4º curso)

Comezamos unha nova quincena. Ánimo rapaces!!!
Neste bloque imos centrarnos na STORY do tema 5 e nas TRANSLATION LIST, nas dúas versións (English-Spanish: a fácil), e a versión (Spanish-English: a difícil).
Como última actividade tendes un "Kahoot Challenge" (Reto Kahoot), xa veredes en que consiste.
Para a seguinte quincena se seguimos co traballo telemático xa vos teño preparado algo dixital que seguro vaivos gustar máis.
Seguide traballando e esforzándoos que pronto poderemos volver ao cole e  desfrutar dos amig@s. E lembrade STAY AT HOME AND STRONG!!!

  Dúbidas e comentarios neste post ou no email "manuelafeixoo@gmail.com"
Sesión 1
·  Escoita o audio da “Story” da unidade 5 vendo ao mesmo tempo polo Student’s Book páxinas 44-45.  AUDIO STORY AQUÍ
·  Le en voz alta a story , se o necesitas volve a escoitar o audio de novo. Busca as palabras que non entendas no dicionario e anótaas na libreta, ponlle de título "Vocabulary of the story"
Sesión 2
· Escoita de novo o audio da "Story".
.  Fai as actividades sobre a “Story” do Activity Book páxina 40-41 (8-9-10-11). Non esquezas traducir as frases do exercicio 8.
Sesión 3
·    Escoita  a “Translation List 5” versión English.
·    Copia a “Translation List 5” versión English nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. Se non tes folios ou follas podes facelo na libreta de inglés.
Sesión 4
·  Traduce a “Translation List 5” vEnglish ao español ou galego, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 5
·  Corrixe a Translation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vSpanish).
Fixate ben en todas as palabras.
·  Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vE”
. Escoita de novo o AUDIO TRANSLATION LIST5 (vEnglish)
Sesión 6
Copia a “Translation List 5” versión Spanish nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión.
Sesión 7
· Traduce a “Translation List 5” vSpanish ao idioma inglés, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 8
·  Corrixe o teu traballo vendo por TRANSLATION LIST 5 (vEnglish).  Fixate ben en todas as palabras.
· Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vSpanish”
Sesión 9
·  Escoita de novo o AUDIO da TRANSLATION LIST vEnglish.
·  Estuda as dúas Translation List e cando esteas list@ pídelle a alguén da familia que chas pregunte nos dous idiomas.
Sesión 10
·    Kahoot challenge. Trátase dun pequeno xogo online, onde simplemente tes que facer clic nas respostas correctas. Segue os seguintes pasos:
-.  Fai clic no enlace de abaixo.
-. Escribe o teu NOME E APELIDO.

·         Deixa un comentario neste “Post” sobre como che foi coas tarefas.


























































Se precisades un TRABALLO EXTRA podedes descargar as seguintes FOTOCOPIAS, podedes facer para repasar os temas 1-2-3-4. As solucións están ao final, non as miredes ata que as teñades feitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario