13/4/19

BLOQUE 2: 13-27 abril (6º curso)


Comezamos unha nova quincena. Ánimo rapaces!!!
Neste bloque imos centrarnos na STORY do tema 5 e nas TRANSLATION LIST, nas dúas versións (English-Spanish: a fácil), e a versión (Spanish-English: a difícil).
Como última actividade tendes un "Kahoot Challenge" (Reto Kahoo), xa veredes en que consiste.
Para a seguinte quincena se seguimos co traballo telemático xa vos teño preparado algo dixital que seguro vaivos gustar máis.
Seguide traballando e esforzándoos que pronto poderemos volver ao cole e  desfrutar dos amig@s. E lembrade STAY AT HOME AND STRONG!!!

  Dúbidas e comentarios neste post ou no email "manuelafeixoo@gmail.com"
Sesión 1
·  Escoita o audio da “Story” da unidade 5 vendo ao mesmo tempo polo Student’s Book páxinas 44-45.  AUDIO STORY AQUÍ
·  Le en voz alta a story , se o necesitas volve a escoitar o audio de novo.
. Busca no dicionario as palabras da Story que non coñezas, cópiaas na libreta. Ponlle un título na libreta a esta actividade.
. Repasa a lista de verbos irregulares. Engade un novo verbo que me esquecín e estúdao. Para repasar os verbos irregulares podes intentar agrupalos polos que fan o pasado de maneira semellante.
BEGIN- BEGAN- BEGUN: empezar

Sesión 2
· Escoita de novo o AUDIO da STORY
. Fai as actividades sobre a “Story” do Activity Book páxinas 40-41. Non esquezas traducir as frases do exercicio 9 no mesmo AB.
Sesión 3
·    Escoita  a “Translation List 5” versión English.
·    Copia a “Translation List 5” versión English nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. Se non tes folios ou follas podes facelo na libreta de inglés.
Sesión 4
·  Escoita de novo a “Translation List 5” versión English
·  Traduce a “Translation List 5” vEnglish ao español ou galego, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 5
·  Corrixe a Translation List que fixeches onte vendo por TRANSLATION LIST 5 (vSpanish).
Fixate ben en todas as palabras.
·  Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vE”
. Repasa a lista de verbos irregulares (54 verbos)
Sesión 6
Copia a “Translation List 5” versión Spanish nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión.
Sesión 7
· Traduce a “Translation List 5” vSpanish ao idioma inglés, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 8
·             Corrixe o teu traballo vendo por TRANSLATION LIST 5 (vEnglish).  Fixate ben en todas as palabras.
·             Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vSpanish”. Estúdaas
. Repasa a lista de verbos irregulares
Sesión 9
·  Escoita de novo o audio da TRANSLATION LIST vEnglish.
·   Repasa as  dúas Translation List e cando esteas list@ pídelle a alguén da familia que chas pregunte nos dous idiomas. Tamén que che pregunten a lista de verbos irregulares para a proba da seguite sesión.
. Fai as páxinas 38 e 39 do Activity Book. AUDIO exercicio 5
Sesión 10
·         Kahoot challenge. Trátase dun pequeno xogo online, onde simplemente tes que facer clic nas respostas correctas.Vai sobre os verbos irregulares que estudaches. Segue os seguintes pasos:

-.  Fai clic no enlace de abaixo.
-.  Escribe este Pin: 0565134 (pode non ser necesario)
-. Escribe o teu NOME E APELIDO.
·         Deixa un comentario neste “Post” sobre como che foi coas tarefas.






































































Se precisades un TRABALLO EXTRA podedes descargar as seguintes FOTOCOPIAS, podedes facer para repasar os temas 1-2-3-4. As solucións están ao final, non as miredes ata que as teñades feitas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario