Mostrando entradas con la etiqueta THANKSGIVING. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta THANKSGIVING. Mostrar todas las entradas

30/11/24

Thanksgiving 2024

O xoves 28 de Novembro celebrouse a tradicional festa de Thanksgiving. 
Kayla explicounos como celebran esta festividade na súa familia e no seu país, os Estados Unidos. 
Quedamos sorprendidos da cantidade de actividades que fan relacionadas con esta festa.  Podedes comprobalo na seguinte presentación.

            



21/11/22

Thanksgiving Day

A celebración do día de Acción de Gracias, "Thanksgiving Day"


 Desfile do día de "ThanksGiving" na cidade de "New York".



Thanksgiving Day

"O día de Acción de Gracias" (Thanksgiving Day), é unha celebración tradicional dos Estados Unidos e Canadá. Nos Estados Unidos celébrase o cuarto xoves do mes de novembro, e en Canadá o segundo luns de Outubro.

A historia sobre "Thanksgiving" comeza no ano 1620 cando un barco chamado "Mayflower" con cen ingleses "pilgrims" a bordo chega ao que se consideraba o novo mundo, concretamente a Plymouth (Massachusetts). Alí quixeron iniciar unha nova vida pero moitos deles non conseguiron superar o inverno, xa que non tiñan alimentos, e moitos morreron de fame ou frío. Coa chegada da primavera coñeceron aos primeiros nativos americanos, concretamente o primeiro que coñeceron chamábase "Squanto". Os nativos americanos axudaron aos Pilgrims aprendéndolles a cazar e a pescar, ademáis de a cultivar millo, cabaza, etc. Como mostra de agradecemento os Pilgrims invitaron aos seus novos amigos americanos a un banquete onde se comeron entre outros produtos "turkey" e de ahí ven a tradición.


Na actualidade nos Estados Unidos o día de Thanksgiving familiares e amigos reúnense para dar gracias polas cousas boas ocorridas nese ano e para compartir un delicioso banquete onde non pode faltar o famosísimo pavo. Este banquete é igual de importante para eles  que para nós a cea de Noiteboa ou Nadal.


Black Friday
O seguinte día a "Thanksgiving" os comercios inician as rebaixas navideñas, ese venres hai grandes descontos nos comercios polo que moitísima xente sae a mercar e abarrotan todos os centros comerciais. Por iso aquí en España, desde hai uns anos comezamos a ver folletos publicitarios que ofertan grandes rebaixas ese día baixo o titular de "Black Friday", unha tradición americana que xa chegou aquí a España e parece ser que pensa quedarse para sempre.
Relacionado tamén con todo o anterior e froito da expansión do comercio online o luns seguinte ao Black Friday celébrase o Cyber Monday, neste caso con grandes descontos en compras online.



The story of Thanksgiving Day:





19/11/17

A OUTRA VERSIÓN DE THANKSGIVING

Na entrada anterior presentamos a historia tradicional que todos coñecemos de Thanksgiving, o día de Acción de Gracias, día no que as familias dos EEUU se reunen entorno a unha grande comida ou cea, a expresar a súa gratitude polas boas cousas ocurridas durante ese ano.   Esta data, como sabemos, coincide sempre no cuarto xoves do mes de novembro en lembranza da boa relación que arredor do ano 1620 comezou a establecerse entre os indíxenas de América (native americans) e os colonos principalmente europeos que alí chegaron nese ano (pilgrims/european settlers).

Pero a nosa auxiliar de conversa Sabine quere facernos reflexionar sobre a outra cara desta celebración. Esta semana vainos falar do "National Day of Mourning", unha concentración que se celebra todos os anos en Plymouth, coincidindo co día de acción de gracias, onde activistas indíxenas e simpatizantes queren poñer de manifesto que a convivencia entre colonos e nativos non foi tan cordial como se nos conta, de feito  a chegada dos colonos supuxo a morte para moitos deles,  o roubo das súas terras e a destrución da súa cultura. Os poucos que quedan hoxe en día intentan loitar para a conservación dos seus dereitos e da súa cultura.






The other story of Thanksgiving
In December 1620, a group of British settlers called “The Pilgrims” arrived in Plymouth Harbour. They chose an abandoned Native American Wampanoag village called Patuxet.


The first months were very hard, and most of the Pilgrims starved or froze to death


In March, 1621, indigenous leaders came and showed them how to plant corn, fish, gather berries. They entered into a treaty.


In September/October, there was a good harvest, and some Pilgrims went hunting. The Wampanoag came to the camp because they had heard gunfire. They were invited to stay and eat, so the Wampanoag brought deer which as a gift. The feast lasted 3 days

In 1675, war broke out between the Pilgrims and the Wampanoag. Most of the Wampanoag died from disease, war, or slavery. Those who have survived have fought to keep their culture.

22/11/16

THANKSGIVING, A TRADITIONAL DAY

Neste vídeo encontraremos un exemplo de como cociñan os americanos o pavo no día de acción de gracias.


THANKSGIVING CLIPS FROM FRIENDS

Seguro que papá e mamá se lembran desta existosa serie de televisión americana. Con motivo da celebración de "Thanksgiving" imos rememorar algunhas das escenas máis divertidas relacionadas co día de acción de gracias.
 Para todos os que botades de menos esta serie aquí vai unha morea de risas.


THANKSGIVING SONG

Divertida canción sobre Thanksgiving, na canción repítese constantemente a palabra "gobble" que en inglés significa glugluguear (nome do son que pavos machos fan coa gorxa), e tamén significa engulir, devorar.


Shake your left hand Gobble
Shake your right hand Gobble
Shake your tail now Gobble Gobble Gobble
Shake your left foot Gobble
Shake your right foot Gobble
Shake your tail now Gobble Gobble Gobble
Gobble Gobble the Turkey goes
Gobble Gobble the Turkey goes
Gobble Gobble Gobble
Gobble Gobble the Turkey goes
Gobble Gobble the Turkey goes
Gobble Gobble Gobble

Can I have a beat
Can I move my feet
Can I have a Turkey to eat
It's Thanksgiving
Let's all go in
Where we have a Turkey to eat
There's pumpkin Pie
There's stuffing oh my!
And the people that I love are near!