
A historia sobre "Thanksgiving" comeza no ano 1620 cando un barco chamado "Mayflower" con cen ingleses "pilgrims" a bordo chega ao que se consideraba o novo mundo, concretamente a Plymouth (Massachusetts). Alí quixeron iniciar unha nova vida pero moitos deles non conseguiron superar o inverno, xa que non tiñan alimentos, e moitos morreron de fame ou frío. Coa chegada da primavera coñeceron aos primeiros nativos americanos, concretamente o primeiro que coñeceron chamábase "Squanto". Os nativos americanos axudaron aos Pilgrims aprendéndolles a cazar e a pescar, ademáis de a cultivar millo, cabaza, etc. Como mostra de agradecemento os Pilgrims invitaron aos seus novos amigos americanos a un banquete onde se comeron entre outros produtos "turkey" e de ahí ven a tradición.
Na actualidade nos Estados Unidos o día de Thanksgiving familiares e amigos reúnense para dar gracias polas cousas boas ocorridas nese ano e para compartir un delicioso banquete onde non pode faltar o famosísimo pavo. Este banquete é igual de importante para eles que para nós a cea de Noiteboa ou Nadal.
Black Friday

Relacionado tamén con todo o anterior e froito da expansión do comercio online o luns seguinte ao Black Friday celébrase o Cyber Monday, neste caso con grandes descontos en compras online.
The story of Thanksgiving Day:
No hay comentarios:
Publicar un comentario