Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS3. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS3. Mostrar todas las entradas

12/6/19

AVALIACIÓN BLOQUE 6: FINAL (3º curso)

Para a avaliación deste bloque non é necesario que enviedes ningún correo electrónico, soamente se necesitades enviarme o póster se non fostes capaces de subilo a Padlet.

manuelafeixoo@gmail.com


Fichas dixitais (data límite 14 xuño):
Carmen, Aroa, Lorena, Naiara, Izan, Aaron, Mateo, Artai, Carla, Martín, Unai, Antón, Isaac, Gael, Daniela, Noel, Zaira, Lola, Valeria, Gabriel, Pedro Mejide, Aitor, Yoel, Mishelle, Pedro Vázquez. Xoel, Efrén (fáltache a nº 6)

Pósters (data límite 19 xuño):
Os carteis entregados poden ser visualizados máis abaixo no Padlet. Se algún alumn@ enviou o seu cartel por correo electrónico e non aparece en Padlet, que se poña, por favor, en contacto comigo.
Conservade os pósters, en setembro deberedes traelos ao colexio.

7/6/19

BLOQUE 6: luns 8- venres 19 xuño (3º curso)

Chegamos ao último Bloque de actividades de inglés, o Bloque 6!
Nesta ocasión as actividades son un pouco máis lixeiras porque, como todos sabedes, o colexio remata o venres día 19. Polo que moito ánimo con este último bloque, e moi atentos ás instrucións.

Este Bloque 6 terá dúas partes:
- Fichas dixitais sobre o topic "The Summer"  Prazo ata o domingo 14.
- Póster "This summer I want to..." Prazo ata o venres día 19.
Para a avaliación deste bloque non é necesario que me enviedes nada, as fichas dixitais xa as reviso eu na miña aplicación,, e o póster deberedes subilo directamente á aplicación Padlet. Se alguén ten dificultades coa subida a Padlet pode enviarme a foto do Póster por email e xa o subo eu.

Aviso importante: Lembrade que a partir de hoxe luns ás 00:00 as tarefas atrasadas dos bloques anteriores serán corrixidas pero xa non contarán para a avaliación do Terceiro Trimestre.


PARTE 1: FICHAS DIXITAIS.
- Farás 6 fichas dixitais sobre vocabulario relacionado co verán "SUMMER"
- Entrega cada ficha co teu nome unido a palabra summer. Por exemplo: ManuelaFeijooSummer
- Data límite: domingo 14 de xuño
- Non é necesario enviar ningún email á profesora

Ficha 1: "SEASONS" (estacións do ano).
Arrastra os nomes das estacións do ano ao debuxo correspondente.
Se necesitas repasar as estacións do ano podes ver antes este vídeo.



Ficha 2: LISTEN AND CHOOSE
Escoita, pronuncia e selecciona.



Ficha 3: DRAG AND DROP
Le e arrastra as palabras ata os debuxos correspondentes.


Ficha 4: LISTEN AND MATCH 1
Escoita e une.



Ficha 5: SUMMER WORD SEARCH
Atopa nesta Sopa de Letras estas 8 palabras relacionadas co verán:
BEACH: praia    SUMMER: verán   CAMP: acampar
SUN: sol             FUN: diversión       SWIM: nadar
HOT: calor         WATER: auga



Ficha 6: READ AND ANSWER
Le o texto e selecciona se as frases son True (verdadeiras) ou False (falsas)
Marca os obxectos que leva á praia



PARTE 2: POSTER: THIS SUMMERTIME I WANT TO.

- Deberás facer nun folio un póster sobre un mínimo de 5 actividades que che apetezcan moito facer este verán. Imos imaxinar que imos poder facer de todo. Para inspirarte tes máis abaixo unha ficha dixital onde aparecen un montón de posibles actividades divertidas para facer no verán. Se tes dúbidas sobre o que significa algunha, ou de como escribir outras diferentes podes deixarme un comentario nesta entrada.
Aproveitaremos para practicar " I want to" (yo quiero...)

Instrucións para a realización do póster:
- O debuxo debe ser feito en horizontal.
- Debe titularse: This Summertime I want to... (Este verano yo quiero...)
- O título debe destacar en tamaño e colorido.
- Deben aparecer un mínimo de 5 actividades, cun debuxo, símbolo ou foto relacionado con cada actividade e unha frase completa acompañando a cada debuxo. Por exemplo ( I want to have a picnic / I want to camp in the backyard) (Eu quero facer un picnic / Eu quero acampar no patio trasero).
- Cando teñas o teu debuxo rematado sácalle unha foto e súbeo a aplicación Padlet. Instrucións máis abaixo.

Instrucións de como subiro teu Póster a Padlet:
- Fai clic no símbolo +, na esquina inferior dereita.
- Escribe no título o teu Nome
- Dalle ao símbolo da cámara de fotos se queres quitar a foto ao teu debuxo e subila, ou ben, dalle ao símbolo da frecha hacia arriba se a foto xa a tes no teu dispositivo e soamente queres subila.
Se tendes dificultades en subila foto podedes enviarme por email.

Hecho con Padlet

4/6/19

AVALIACIÓN BLOQUE 5: Luns 8 xuño (3º curso)

A avaliación deste Bloque 5 consistirá no envío por correo electrónico das seguintes fotos:
. Exercicios da libreta: 
- Actividade 1: mapa The UK
- Actividade 2: Bandeira The UK
- Actividade 4: "London Landmarks" 11 sitios
- Actividade 6: "6 palabras Importantes" Explicación
. Recadro resultados das 4 Fichas dixitais
O resultado do xogo Kahoot xa o teño eu anotado.

manuelafeixoo@gmail.com

EXERCICIOS LIBRETA: Artai, Carmen, Mateo, Noel, Daniela, Yoel, Isaac, Carla, Aaron, Unai, Zaira, Nicolás, Antón, Pedro Vázquez, Xoel, Aitor, Valeria, Lola, Aroa, Lorena, Pedro Mejide, Gael, Naiara

FICHAS DIXITAIS: Artai, Carmen, Mateo, Noel, Daniela, Yoel, Isaac, Carla, Aaron, Gabi, Unai, Zaira, Nicolás, Antón, Pedro Vázquez, Pedro Mejide, Xoel, Aitor, Valeria, Lola, Aroa, Lorena, Gael, Naiara

KAHOOT: Carmen, Aroa, Izan, Aaron, Mateo, Artai, Carla, Yoel, Isaac, Gael, Daniela, Noel, Aaron, Unai, Zaira, Nicolás, Gabi, Antón, Xoel, Aitor, Valeria, Lola, Aroa, Pedro Mejide, Lorena, Efrén, Naiara

ATENCIÓN: O luns día 8 de xuño será o último día para entregar calquera tarefa atrasada correspondente aos Bloques 1, 2, 3, 4 e 5. Despois dese día os traballos serán igualmente corrixidos por min, pero non contarán para a nota da avaliación.

24/5/19

BLOQUE 5: 25 maio- 8 xuño (3º curso)

Neste Bloque 5 traballaremos sobre a Cultura Británica, centrándonos sobre todo na súa cidade máis importante LONDON
Deberás ler atentamente todos os apartados, incluídas as lecturas e visualizar os vídeos. Son 10 actividades: 
- Libreta: activity 1, activity 2, activity 4, activity 6
- Fichas dixitais: activity 5, activity 7, activity 8, activity 9
- Kahoot: activity 10
Toma nota dos resultados das fichas dixitais nun recadro como nos bloques anteriores. Para a avaliación deste bloque deberás enviar foto dos 4 exercicios da libreta e o recadro do resultado das 4 fichas dixitais. O resultado do xogo Kahoot xa o recibo eu na miña aplicación.


O Territorio de United Kingdom (The UK)
O Reino Unido, que en inglés se chama "The United Kingdom" ou de maneira máis breve "The UK", está composto por 4 nacións, algo parecido as nosas comunidades autónomas. 
O nome destas nacións son:
- England (Inglaterra)
- Wales (Gales)
- Scotland (Escocia)
- Northern Ireland (Irlanda do Norte)
No seguinte mapa de UK podedes ver onde están eses territorios e cales son as súas capitais.
London (Londres) ademais de ser a capital de Inglaterra, é a capital de todo o Reino Unido.



Actividade 1 libreta:  "Map of the UK"
Debuxa na túa libreta, un mapa do Reino Unido (the UK) coas súas 4 nacións e as capitais de cada unha destas nacións, debuxa tamén unha estrela na capital do Reino Unido.
O nome das nacións escríbeo con maiúsculas e o das capitais con minúscula.
Se o prefires podedes utilizar esta plantilla.

The flag of the UK
A bandeira do Reino Unido foi cambiando a medida que diferentes territorios se foron incorporando ao Reino Unido. Á bandeira do Reino Unido tamén se lle chama "The Union Jack".
Visualiza este vídeo sobre os cambios no territorio en na bandeira de UK.


O dragón da bandeira de Gales (Wales) non se incorporou á bandeira de UK porque cando se diseñou a primeira bandeira no ano 1606, Gales estaba unido a Inglaterra.



Actividade 2 libreta: "The flag of the UK"
Debuxa a bandeira do Reino Unido "The Union Jack" o máis real posible. O seguinte vídeo pode axudarche.



London, the capital city of the UK
Londres é a cidade máis importante do Reino Unido. Alí é onde vive a súa raiña "Elisabeth II". Subiu ao trono cando soamente tiña 16 anos e actualmente segue gobernando con máis de 90 anos que ten. Ela é unha raíña moi famosa no mundo enteiro e moi querida polo seu pobo.
Elizabeth II The Queen

Vive en  Buckingham Palace, un famoso palacio que podedes ver se paseades polo centro de Londres.

Imos aprender mais cousas sobre Londres coa seguinte actividade.

Actividade 3: Visualiza os seguinte vídeos. Primeiro a versión en español e logo a versión en inglés.

Spanish Version

English version


Actividade 4 Libreta:
Anota na túa libreta o nome dos lugares de Londres que se mencionan no vídeo anterior. Son 11, a ver se es capaz de escribilos todos. Ponlle de título "London landmarks" (Sitios emblemáticos de Londres)



. Actividade 5: Ficha dixital  "Six important words" (6 palabras importantes)
Arrastra as palabras superiores ao seu sitio. Se trata de 6 palabras que están moi relacionadas coa cultura británica

. Actividade 6 libreta: Escribe na libreta as 6 palabras da ficha dixital anterior e escribe por que crees que están relacionadas coa cultura británica, podes explicalo en inglés, galego ou castelán. Por exemplo:
Taxi: Os taxis negros son un símbolo de Londres. Son sempre negros e teñen un diseño redondeado. Levan moitísimos anos en funcionamento.


Antes de facer as seguintes actividades visualiza este vídeo titulado "This is London" (Esto es Londres)


. Actividade 7: Ficha dixital "London Tour"



Actividade 8: Ficha dixital "Places in London"
Debes escoitar atentamente antes de seleccionar a palabra. Memoriza a pronunciaciónn dos lugares.





Actividade 9: Ficha dixital "Famous sights of London"



. Actividade 10: Kahoot "British Culture".
  Imos poñer a proba os teus coñecementos sobre a cultura inglesa con este Kahoot. Soamente poderás facelo unha vez. Escribe ben o teu nome e apelido.

21/5/19

AVALIACIÓN BLOQUE 4: Luns 25 maio (3º curso)

A avaliación deste Bloque 4 consistirá no envío a través do correo electrónico de:
 - Foto das 3 actividades da libreta
-  Foto do recadro do resultado das fichas dixitais que debedes ter feito na libreta. O recadro debe estar completo antes de ser enviado.
Procurade entregar todas as fotos nunha mesma mensaxe de correo electrónico. Non esquezades poñer no “asunto” o voso NOME  e CURSO.

manuelafeixoo@gmail.com


EXERCICIOS LIBRETA: Noel, Noelia, Daniela, Valeria, Carmen, Isaac, Carla, Nicolás, Aroa, Yoel, Gabriel, Antón, Gael, Mishelle, Zaira, Pedro Vázquez, Aitor, Aarón, Artai, Naiara, Efrén, Unai, Lorena, Lola

FICHAS DIXITAIS: Noel, Noelia, Daniela, Valeria, Carmen, Isaac, Mateo, Carla, Nicolás, Aroa, Yoel, Gabriel, Antón, Gael, Mishelle, Zaira, Pedro Vázquez, Aitor, Aarón, Artai, Naiara, Efrén, Unai, Lorena, Lola, Pedro Mejide

10/5/19

BLOQUE 4: 11 maio- 25 maio (3º curso)

Iniciamos o Bloque 4. Neste Bloque imos repasar as horas, o tempo atmosférico, as rutinas, preguntas persoais, o verbo Like (gustar), o presente continuo, descripcións de animais, o vocabulario da comida e vocabulario dos hobbies.
Faremos 10 Fichas dixitais e 3 Exercicios na libreta.
Comezaremos igual que no bloque anterior facendo un recadro na libreta para anotar os resultados das fichas dixitais. 
Na avaliación deste bloque pedirei o mesmo que na anterior: recadro das fichas dixitais e os 3 exercicios da libreta.
Lede moi ben as instrucións antes de facer cada ficha. Podedes repetir unha vez cada ficha. Escribide Nome e Apelido ao rematar cada ficha.

BLOQUE 4
11 maio-25 maio
Nota (1º intento)
Nota (2º intento)
1


2


3


4


5


6


7


8


9


10


Total



1. FREE TIME AND HOBBIES (Tiempo libre y hobbies)
. Ficha dixital: Selecciona a actividade correcta según o debuxo.
. Exercicio libreta: 
Escribe 3 oracións en inglés dicindo que actividades de tempo libre che gusta facer e cales non. Fíxate ben no meu exemplo de máis abaixo. Debes utilizar as palabras (and, but, or)
Exemplo:
 I like skating and playing football but I don't like dancing or watching TV.
A mi me gusta patinar y jugar al fútbol pero a mi no me gusta bailar ni ver la tele




2. WHAT ARE THEY DOING? Que están eles facendo?
Debes completar o que están facendo. Lembra:
I'm cooking: yo estoy cocinando
She is drawing: ella está dibujando
He isn't singing: él no está dibujando
Atención: No segundo exercicio debes poñer primeiro o que non está facendo, pide axuda a un adulto se non sabes como poñer co teclado o apóstrofe (a comiña)
*Nesta ficha hai un erro, a palabra DANCING no exercicio 2.2, está mal na corrección pon DANCINC




3. ALL ABOUT ME (Todo sobre mi)
Ficha dixital:
. Une cada pregunta coa súa resposta.
. Ordena as oracións

Exercicio Libreta: escribe as catro preguntas do exercicio 1 da ficha dixital e responde sobre ti. Inventa ti unha pregunta máis.



4. WHAT TIME IS IT? Que hora é?
Escoita a hora e despois escolle se o reloxo pon a hora correcta. Marca YES (si) ou NO (non)



5. WHAT'S THE TIME? Que hora é?
Observa o reloxo e marca a resposta correcta.


6. DAILY ROUTINES (Rutinas Diarias)
Ficha dixital: Arrastra os recadros de palabras ao seu sitio.
Exercicio Libreta: Escribe 6 oracións en inglés usando os verbos desta ficha e poñendo a hora que ti fas esas actividades nun día normal de colexio. Por exemplo:
I get up at half past seven. (Eu me levanto ás sete e media)


7. WHAT'S THE WEATHER LIKE? Que tempo fai?
Nesta sección tendes dúas fichas, anotaredes simplemente no voso recadro da libreta o resultado da segunda ficha. Pero debedes facer as dúas





8. WHO IS WHO? Quién es quién?
Ficha dixital: Une cada animal coa súa descrición. Primeiro le ben todas as descricións.
Exercicio Libreta: Debuxa un animal na libreta escribe 5 frases sobre el, parecidas as desta ficha dixital. A primeira frase será o seu nome. Por exemplo: It's a lion.


9. FOOD WE LIKE. A comida que nos gusta
Arrastra as etiquetas dos nomes ao sitio apropiado.



10. FOOD WE LIKE 2
Observa os debuxos sobre Helen e Peter e marca se as oracións son verdadeiras ou falsas.

7/5/19

AVALIACIÓN BLOQUE 3: 11 maio (3º curso)

A avaliación deste Bloque 3 consistirá no envío a través do correo electrónico de:
 - Foto das 3 actividades da libreta
-  Foto do recadro do resultado das fichas dixitais que debedes ter feito na libreta. O recadro debe estar completo antes de ser enviado.
Procurade entregar todas as fotos nunha mesma mensaxe de correo electrónico. Non esquezades poñer no “asunto” o voso nome e curso.
manuelafeixoo@gmail.com


EXERCICIOS LIBRETA: Noel, Isaac, Yoel, Daniela, Gabriel, Nicolás, Artai, Noelia, Naiara, Carla, Carmen, Aroa, Aarón; Mishelle, Izan, Valeria, Aitor, Antón, Efrén, Xoel, Pedro Vázquez, Lorena, Zaira, Martín, Gael, Lola

FICHAS DIXITAIS :Noel, Isaac, Yoel, Daniela, Gabriel, Mateo, Nicolás, Noelia, Gael, Lorena, Artai, Naiara, Carla, Carmen, Aroa, Aarón,  Mishelle, Izan, Valeria, Aitor, Antón, Efrén, Xoel, Pedro Vázquez, Zaira, Lola, Martín, Gael, Unai, Pedro Mejide

27/4/19

BLOQUE 3: 27 abril-11 maio (3º curso)

Repasaremos conceptos de Gramática e Vocabulario facendo  Fichas Dixitais.
Nestas fichas practicaremos actividades de Listening (escoitar), Reading (ler) e Writing (escribir).
Le atentamente as instrucións de cada ficha antes de facela.

Antes de nada, crea na libreta, nunha páxina nova, unha plantilla coma esta, nela terás que ir anotando as fichas dixitais que vas facendo e a nota que quitas en cada unha, podes repetir cada ficha dixital unha vez se queres. Ao remate deste bloque é posible que che pida unha foto desta plantilla.

BLOQUE 3
27 abril-11 maio
Ficha número:
Nota
 (1º intento)
Nota
 (2º intento)
1


2


3


4


5


6


7


8


9


10


Total




As fichas dixitais son semellantes a que fixestes no bloque pasado, nesta ocasión podedes repetir unha vez cada ficha dixital se o desexades. Ao remate de cada ficha escribe o teu nome e apelido.

1. THE ALPHABET 
O alfabeto.
. Escoita o nome de cada letra e repíteo
. Escoita e elixe a letra correcta
. Escoita e escribe a letra que di




2. READING "Sweet Dreams" (Dulces sueños)
. Mira atentamente o debuxo, le as frases e marca Cara verde (verdadeiro), Cara vermella (falso)



3. PREPOSITIONS: IN- ON- UNDER
- Antes de facer a actividade lembra o significado destas 3 preposicións:
IN: dentro
ON: encima
UNDER: debaixo

- Actividade libreta: Fai 4 debuxos e escribe 4 frases onde utilices as preposicións IN-ON- UNDER- BEHIND. Behind (detrás de)




4. NUMBERS 1-10 (Números do 1 ao 10)
Ordena as letras co nome destes números.




5. NUMBERS 1-20 (Números do 1-20)
Arrastra os nomes ata os seus números


6. COLOURS AND NUMBERS (Colores y Números)
Escribe o nome destas cores
Conta o número de globos que hai e escríbeo con letra



7. MY CLASSROOM (Mi clase)
Escribe o número que correspondería a cada obxecto



8. SCHOOL SUPPLIES (Material de clase)
- Escoita e marca o obxecto.
- Actividade libreta: debuxa unha mochila con algúns obxectos de clase, despois fai frases usando o verbo ter (have got). Por exemplo:
I have got three crayons.
I haven't got any sharpener



9. BODY PARTS (Partes do corpo)
. Arrastra as etiquetas ao seu sitio
- Escoita e marca a parte do corpo



10. AT THE PLAYGROUND (no patio)
- Escribe o número que corresponde a cada debuxo.
- Actividade libreta: Copia as frases na libreta e tradúceas ao galego ou español.
Por exemplo:
She is skipping: ella está saltando a la comba
He is skateboarding: él está andando en monopatín




21/4/19

AVALIACIÓN BLOQUE 2: 27 abril (3º curso)

A avaliación deste BLOQUE 2 consistirá na entrega de 2 tarefas, unha obrigatoria e outra voluntaria.

. Obrigatoria,  Actividade Kahoot: valorarase se foi feita a actividade nº 10, o Kahoot. Non fai falla que enviedes nada, xa que Kahoot xa me informa dos nen@s que a fan.

. Voluntaria,  Actividade Audio: enviar un audio ao meu correo (manuelafeixoo@gmail.com), o audio será da primeira páxina da story do tema 5 do Student's Book, páxina 44 (o texto das 4 primeiras viñetas).

Ao igual que no bloque anterior, os vosos nomes aparecerán nesta lista se as tarefas foron entregadas. Se por algún motivo entregastes as tarefas e o voso nome non aparece escribídeme un email, ou deixade un comentario nesta entrada.

ACTIVIDADE KAHOOT: Noelia, Carmen, Aroa, Aaron, Gabriel, Mateo, Aitor, Carla, Martín, Yoel, Unai, Isaac, Mishelle, Efrén, Daniela, Valeria, Antón, Lola, Xoel, Artai, Zaira, Pedro Vázquez, Noel, Nicolás, Lorena, Gael, Izan, Pedro Mejide, Naiara

ACTIVIDADE AUDIO VOLUNTARIA: Carmen, Carla, Yoel, Daniela, Mishelle, Isaac, Gabriel, Antón, Xoel, Artai, Zaira, Pedro Vázquez, Noel, Nicolás, Aroa

13/4/19

BLOQUE 2: 13-27 abril (3º curso)

Comezamos unha nova quincena. Ánimo rapaces!!!
Neste bloque imos centrarnos na STORY do tema 5 e nas TRANSLATION LIST, nas dúas versións (English-Spanish: a fácil), e a versión (Spanish-English: a difícil).
Como última actividade tendes un "Kahoot Challenge" (Reto Kahoot), xa veredes en que consiste.
Para a seguinte quincena se seguimos co traballo telemático xa vos teño preparado algo dixital que seguro vaivos gustar máis.
Seguide traballando e esforzándoos que pronto poderemos volver ao cole e  desfrutar dos amig@s. E lembrade STAY AT HOMEAND STRONG!!!

  Dúbidas e comentarios neste post ou no email "manuelafeixoo@gmail.com"

Sesión 1
·  Escoita o audio da “Story” da unidade 5 vendo ao mesmo tempo polo Student’s Book páxinas 44-45.  AUDIO STORY AQUÍ
·  Le en voz alta a Story , se o necesitas volve a escoitar o audio de novo.
·  Busca no dicionario as palabras da Story que non coñezas e anótaas na libreta, escribe un título para esta actividade “Story Vocabulary”
Sesión 2
· Escoita de novo o AUDIO da STORY.
.  Fai as actividades sobre a “Story” do Activity Book páxinas 40 e 41 (exercicios 7-8-9-10). Non esquezas facer a tradución do exercicio 7 no propio Activity Book.
. Fai as actividades do Activity Book 3,4,6 da páxina 38 e 39.
Sesión 3
·    Escoita  a “Translation List 5” versión English.
·    Copia a “Translation List 5” versión English nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. Se non tes folios ou follas podes facelo na libreta de inglés.
Sesión 4
·  Traduce a “Translation List 5” vEnglish ao español ou galego, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 5
·  Corrixe a Translation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vSpanish).
Fixate ben en todas as palabras.
Sesión 6
Copia a “Translation List 5” versión Spanish nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. 
Sesión 7
· Escoita de novo o AUDIO TRANSLATION LIST 5 (vEnglish)e a “Translation List 5” vSpanish ao idioma inglés, no mesmo folio da sesión anterior.
. Traduce na folla da sesión anterior as frases ao inglés.
Sesión 8
·             Corrixe a Tranlation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vEnglish).  Fixate ben en todas as palabras.
·             Escribe na libreta as frases en inglés que tiveches mal. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vSpanish”
Sesión 9
·  Escoita de novo o audio da TRANSLATION LIST vEnglish.
·  Estuda as dúas Translation List e cando esteas list@ pídelle a alguén da familia que chas pregunte nos dous idiomas.
Sesión 10
·         Kahoot challenge. Trátase dun pequeno xogo online, onde simplemente tes que facer clic nas respostas correctas. Segue os seguintes pasos:

-.  Fai clic no enlace de abaixo.
-. Escribe o teu NOME E APELIDO.
·         Se queres deixa un comentario neste “Post” sobre como che foi coas tarefas.
























































Se precisades un TRABALLO EXTRA podedes descargar as seguintes FOTOCOPIAS, podedes facer para repasar os temas 1-2-3-4. As solucións están ao final, non as miredes ata que as teñades feitas.