30/1/26

Teatro: UNBOXING ALICE

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu a unha obra de teatro en inglés. 

Este ano fomos sorprendidos por unha versión un tanto loca e moderna do tradicional conto de "Alice in Wonderland".  

Asistimos á gravación do primeiro Tweedletube dos xemelgos Tweedle Dee and Tweedle Dom, un "unboxing" un tanto loco e caótico.

Tivemos a grande sorte de que Leo de 5º e Natalia de 6º foron elixidos para representar a dous dos personaxes, The White Rabbit e Alice respectivamente. Estiveron incríbles no seu papel.





No hay comentarios:

Publicar un comentario