15/5/25

BEST SONGWRITER

Grandes compositores, a vista dos resultados, son os nenos e nenas de sexto. 

O alumnado traballou durante uns días na composición de cancións. A temática era libre e o único requisito era a utilización obrigatoria do tempo gramatical "Simple Past".

En equipos comezaron tomando decisións en canto á temática, rima, vocabulario... Tras esta primeira fase de composición da letra pasaron a buscar unha melodía apropiada e adaptada aos gustos de cada equipo axudados por diferentes plataformas de IA.


Posteriormente tocaría darlle publicidade a obra de cada equipo e para iso utilizamos un muro de Padlet. Quixemos profundizar aínda máis no traballo e cada equipo creou unha ficha de traballo centrada na súa canción para dala a coñecer, podía ser en formato físico ou dixital.

Por último, e tras escoitar todas as composicións, o alumnado pasou a valorar e puntuar os traballos dos compañeiros na procura da canción máis valorada. A votación estivo moi parella, xa que o nivel de todas as creacións era moi alto. Finalmente estas foron as cancións gañadoras:

1st: "Last School Trip" by Julia, Sofía and Victoria

2nd: "Spermatozoon" by Daniela, Martina and Noa

3rd: "The Weekend" by Emma and Xabi


Podedes escoitar todas as composicións no seguinte enlace. Que vos parece o resultado?

            ENLACE SONGWRITERS

No hay comentarios:

Publicar un comentario