Chegamos ao último Bloque de actividades de inglés, o Bloque 6!
Nesta ocasión as actividades son un pouco máis lixeiras porque, como todos sabedes, o colexio remata o venres día 19. Polo que moito ánimo con este último bloque, e moi atentos ás instrucións.
Este Bloque 6 terá dúas partes:
- Fichas dixitais sobre o topic "The Summer" Prazo ata o domingo 14.
- Póster "This summer I want to..." Prazo ata o venres 19.
Para a avaliación deste bloque non é necesario que me enviedes nada, as fichas dixitais xa as reviso eu na miña aplicación, e o póster deberedes subilo directamente á aplicación Padlet. Se alguén ten dificultades coa subida a Padlet pode enviarme a foto do Póster por email e xa o subo eu.
Aviso importante: Lembrade que a partir de hoxe luns ás 00:00 as tarefas atrasadas dos bloques anteriores serán corrixidas pero non contarán para a avaliación do Terceiro Trimestre.
PARTE 1: FICHAS DIXITAIS.
- Farás 6 fichas dixitais con textos e vocabulario relacionados co verán
- Entrega cada ficha co teu nome unido a palabra summer. Por exemplo: ManuelaFeijooSummer
- Entrega cada ficha co teu nome unido a palabra summer. Por exemplo: ManuelaFeijooSummer
- Data límite: domingo 14 de xuño
- Non é necesario enviar ningún email á profesora
Ficha 1: Repaso vocabulario. LOOK AND CHOOSE.
Escolle a palabra correcta en cada debuxo
Ficha 2: Definicións.
Ficha 3: SUMMER ACTIVITIES
1. Une cada fotografía coa actividade correspondente
2. Escoita e escribe o nome da actividade. Presta moita atención á ortografía.
Ficha 4: WHAT DID YOU DO LAST SUMMER
Que fixeches o verán pasado?
- Une as accións cos debuxos
- Escribe os VERBOS en pasado (non as frases enteiras)!!!
- Escribe os VERBOS en pasado (non as frases enteiras)!!!
Ficha 5: Reading "WELCOME TO OUR BEACH"
Benvid@ a nosa praia!
Le o texto e despois fai as dúas actividades:
1- Marca a palabra correcta das dúas a elixir
Ficha 6: A POSTCARD
PARTE 2: POSTER: THIS SUMMERTIME I WANT TO.
- Deberás facer nun folio un póster sobre un mínimo de 5 actividades que che apetezcan moito facer este verán. Imos imaxinar que imos poder facer de todo. Para inspirarte tes máis abaixo unha ficha dixital onde aparecen un montón de posibles actividades divertidas para facer no verán. Se tes dúbidas sobre o que significa algunha, ou de como escribir outras diferentes podes deixarme un comentario nesta entrada.
Aproveitaremos para practicar " I want to" (yo quiero...)
Instrucións para a realización do póster:
- O debuxo debe ser feito en horizontal.
- Debe titularse: This Summertime I want to... (Este verano yo quiero...)
- O título debe destacar en tamaño e colorido.
- Deben aparecer un mínimo de 5 actividades, cun debuxo, símbolo ou foto relacionado con cada actividade e unha frase completa acompañando a cada debuxo. Por exemplo ( I want to have a picnic / I want to camp in the backyard) (Eu quero facer un picnic / Eu quero acampar no patio trasero).
- Cando teñas o teu debuxo rematado sácalle unha foto e súbeo a aplicación Padlet. Instrucións máis abaixo.
Instrucións de como subir o teu Póster a Padlet:
- Fai clic no símbolo +, na esquina inferior dereita.
- Escribe no título o teu Nome
- Dalle ao símbolo da cámara de fotos se queres quitar a foto ao teu debuxo e subila, ou ben, dalle ao símbolo da frecha hacia arriba se a foto xa a tes no teu dispositivo e soamente queres subila.
Se tendes dificultades en subila foto podedes enviarme por email.
Hola soy Jordan, en la última ficha me salieron casi todos bien pero me marca como si estuvieran todos mal.
ResponderEliminarSoy Jordan otra vez, quería preguntarte cuál es el audio de la ficha 6
ResponderEliminarOla, Jordan a última ficha non vai ser puntuable, porque soamente é para que leades os exemplos, se queredes que vos dea 10 debedes marchar todas as casillas, pero non é necesario.
ResponderEliminarVale, y entonces cuál es el audio de la ficha 6, para completarla?
ResponderEliminarO audio da ficha 6 está xusto enriba do símbolo do megáfono, está un pouco camuflado.
ResponderEliminarHola soy Luis y lo de palet solo lo puedes ver tu o lo puede ver más jente?
ResponderEliminarOla, Luís, poden velo os compañeiros que entren a este páxina, como ti estás vendo o de Davinia que xa o subiu.
ResponderEliminarUn saúdo
Ya hice todo el 6 y mandé la foto esa asique aparcaooooooo!!!!!!
ResponderEliminarSupoño que serás Luís. Fixeches 4 fichas e son 6. Ao final non puxeches a palabra summer no nome. Fai esas dúas e rematas o bloque, e despois fai o envío dos outros bloques.
ResponderEliminar