15/03/19

BLOQUE 1: 16 marzo-3 abril (5º curso)

BLOQUE 1

Atención nenos e nenas da clase de quinto, imos traballar o tema 5 desde casa.
Lede ben as instrucións antes de facer cada actividade.
Son 14 actividades (14 sesións) que podedes facer por día, será o voso traballo ata Semana Santa.
Para calquera dúbida ou incidencia podedes deixar unha mensaxe neste "post" ou enviar un correo a manuelafeixoo@gmail.com
Ide comentando os vosos avances aquí no blogue de inglés.
Lembrade que tamén tendes na casa o voso CD cos audios e  xogos de cada tema.

5th Class

5th CLASS

LE CON ATENCIÓN
Unidade
Unit 5: Ocean life (vida submarina)
Obxectivo
. Describir animais acuáticos segundo as súas características físicas.
. Responder e facer preguntas sobre animais acuáticos.
Vocabulario
. Nomes de animais acuáticos
. As partes do corpo dun animal acuático
. Accións que realizan os animais acuáticas
Gramática
. Verbo “have got” (ter)
. Presente Simple

ACTIVIDADES QUE DEBES REALIZAR
Activity 1:

Comeza o tema novo escribindo na libreta a “Vocabulary List”
Lembrade que comezamos sempre nunha páxina nova, non esquezades poñer “date”, “weather”, e o título do tema. “Ocean life”
A “vocabulary list” deste tema está composta por  tres listas: nomes de animais acuáticos, partes do seu corpo, acción que realizan.

Vocabulary list 1: Sea animals
·        Blue whale: ballena azul
·        Jellyfish: medusa
·        Orca: orca
·        Octopus: pulpo
·        Turtle: tortuga
·        Shark: tiburón
·        Seal: foca 
·         Sea horse: caballito de mar
·        Crab: cangrejo
·        Dolphin: delfín
·        Starfish: estrella de mar
·        Fish: pez/peces

Vocabulary list 2: Parts of the body
·        Teeth: dientes (tooth)
·        Tail: cola               
·        Shell: caparazón
·        Scales: escamas
·        Eyes: ojos
·        Legs: patas
·        Gills: branquias
·        Lungs: pulmones
·        Dorsal fin: aleta dorsal
·        Flippers: aletas
·        Tentacles: tentáculos

Vocabulary list 3: verbs
·        Ocean: océano
·        Sea: mar
·        Aquarium: acuario
·        Live alone: viven solos
·        Live in groups: viven en grupos
·        Lay eggs: poner huevos
·        Have babies: tener bebés
·        Breathe air: respirar aire
·        Take oxygen from the water: coger oxígeno del agua

Activity 2:
. Escoita dúas veces a canción do tema 5 (SB page 41 nº1)
. A continuación cópiaa na libreta e tradúcea ao castelán ou ao galego.
Non esquezas comezar nunha páxina nova, escribir “date”, “weather” e título da actividade.
Activity 3:
. Escribe en inglés nun papel as palabras das 3 vocabulary lists, intenta facelo memorizando a grafía das palabras.
. Fai as actividades do AB da páxina 37 (nº1 e 2)
Activity 4:
. Escoita o diálogo do SB page 42 nº3
. Le o díalogo en voz alta intentando pronunciar correctamente.
. Escribe na libreta os recadros do SB page 42 nº4, utiliza cores para destacar o importante.
. Memoriza estes recadros.
O AUDIO DO DIÁLOGO AQUÍ
Activity 5:
. Mira atentamente a actividade do SB page 42 nº5
. Escribe os tres textos en inglés e castelán e adiviña de que animal falan según as fotos.
Non esquezas seguir as normas da libreta (páxina nova, date, weather, título..)
Activity 6:
. Mira atentamente a actividade do SB page 43 nº6
. Escribe na libreta as tres frases sobre cada animal.
. Copia na libreta as preguntas do  exercicio nº 7 SB page 43 (Animal Quiz)e respóndeas segundo o que ti penses que sería correcto usa a resposta corta: Yes, they do/No, they don’t.
. Escoita o audio do Animal Quiz e corrixe as túas respostas.
. Escribe na libreta a resposta larga a cada unha das preguntas, non fai falla que escribas de novo as preguntas.
Activity 7:
. Fai as páxinas 38 e 39 do AB.
Activity 8:
. Fai a páxina 42 do AB
. Escoita o reading SB page 47 nº12
. Fai a lectura do Reading fixándote ben na pronunciación
. Fai a páxina 43 do AB
Activity 9:
. Fai a páxina 44 do AB, non é necesario o listening para facer o exercicio 2. Podes escoitar o exercicio 2 AQUÍ
. Copia na libreta os textos do exercico 18 do AB page 43, a continuación
tradúceos ao galego ou castelán.
Activity 10:
. Imprime esta plantilla sobre datos dos animais acuáticos.
. Coa información das actividades do SB e do AB deberás cubrir as casillas, se no libro non atopas algún dato deberás buscalo na internet. Nas partes do corpo que ten debes escribir polo menos 3 cousas que teña e 2 que non teña, agás na “jellyfish” que é máis complicado.
Deixa un comentario neste blogue se necesitas axuda con algún animal.
Activity 11:
. Imprime os debuxos de animais acuáticos, se non tes impresora ou simplemente o prefires podes debuxalos por ti mesmo-a.

. Colorea tres animais, recórtaos, pégaos na libreta e descríbeos seguindo os datos que cubriches na plantilla.
Cada animal ocupará unha folla distinta da libreta, debe primeiro aparecer un título que será o nome do animal, a continuación o debuxo e por último a descrición. Deberás respectar as marxes da libreta, facer unha letra clara e respectar a puntuación, é dicir, maiúscula ao principio, punto ao final, comas etc.
A descrición farase con frases soltas para facilitar a corrección por parte da profesora, e deberán sempre seguir a mesma orde. En total son 6 frases ademais dunha 7 que será libre onde informes dalgún dato especial sobre ese animal.
O primeiro animal fareino eu a modo de exemplo simplemente terás que cópialo. Os demais animais terán que seguir esta mesma composición.

Sharks
(aquí pega o debuxo)
·        Sharks are fish.
·        They live alone, they don’t live in groups.
·        They lay eggs, they don’t have babies.
·        They eat fish, they don’t eat plants.
·        They take oxygen from the water, they don’t breathe air.
·        They have got gills, flippers, teeth and a dorsal fin, but they haven’t got lungs or a shell.
·        Great sharks are considered the most dangerous species in the ocean.
Activity 12:
Segue na libreta coa descrición dos animais acuáticos, fai 3 máis.
Activity 13:
Segue na libreta coa descrición dos animais acuáticos, fai 3 máis.
Activity 14:
Remata o teu traballo cunha descrición sobre o animal acuático que ti elixas, debes seguir as mesmas indicacións que ata agora. Nesta ocasión deberás debuxalo ti.

8 comentarios:

  1. Hola Manuela, soy Iria Alonso,
    en el activity 7 no aparece el enlace para hacer el ejercicio 6 de AB.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Ola Iria, tes razón, despisteime, grazas por avisar, en breve estará posto.
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Enlace ao audio da Actividade 7 xa actualizado, lembrade que somentes debedes escoitar este audio para verificar que a actividade está ben feita.
    Un saudiño a todos e todas

    ResponderEliminar
  4. Teacher foime ben coas tarefas.Gustoume muito o xogo dos animais. (David Costas)

    ResponderEliminar
  5. Ola David, que xenial que che gustase. Para o seguinte bloque estou preparando unha fichas dixitais, penso que vai ser máis divertido que este bloque, xa vos contarei. Noraboa polo teu traballo

    ResponderEliminar