Bournemouth, preciosa e turística cidade costera do Sur de Inglaterra.
O Nadal tamén o viven con moita intensidade, desde mediados de novembro as rúas e comercios decóranse e os mercadiños de Nadal inundan todas as cidades.
Bristol, podes atopar na foto unha das famosas obras do artista Banksy?
Bath, famosa sobre todo polas súas termas romanas "Roman Baths" e polo seu pasado arquitectónico.
O momento do té moi importante para os ingleses, encántalles sentarse a tomar o té con pastas antes das 5 da tarde e lugares tan fermosos como esta Tetería.
Straton Upon Avon, casa onde naceu William Shakespeare
Dorset, acantilados impresionantes como este arco de Durdle Door
As famosas cabinas vermellas ata aquí podemos atopalas
Oxford, famosa polas súas universidades chamadas "Colleges"
Concretamente neste comedor da Universidade "Christ Church College" rodáronse esceas dunha coñecida película, recoñecedes este comedor?
Stonehenge, Wiltshire, este famosísimo e impresionante monumento megalítico tamén está ubicado aquí en Inglaterra. Moitos estudos se levan feitos sobre el, pero o certo é que todavía se descoñece como foi posible a súa construcción e a que se destinaba exactamente o seu uso.
Inglaterra está chea de beleza, con grandes campos verdes moi semellantes a nosa Galicia e cunha arquitectura que non deixa de sorprender, igrexas e castelos espectaculares, casas saídas dun conto...
Ningún comentario:
Publicar un comentario