Neste bloque imos centrarnos na STORY do tema 5 e nas TRANSLATION LIST, nas dúas versións (English-Spanish: a fácil), e a versión (Spanish-English: a difícil).
Como última actividade tendes un "Kahoot Challenge" (Reto Kahoot), xa veredes en que consiste.
Para a seguinte quincena se seguimos co traballo telemático xa vos teño preparado algo dixital que seguro vaivos gustar máis.
Seguide traballando e esforzándoos que pronto poderemos volver ao cole e desfrutar dos amig@s. E lembrade STAY AT HOMEAND STRONG!!!
Dúbidas e comentarios neste post ou no email "manuelafeixoo@gmail.com"
Sesión 1
|
· Escoita o audio da “Story” da unidade 5 vendo ao mesmo tempo polo Student’s Book páxinas 44-45. AUDIO STORY AQUÍ
· Le en voz alta a Story , se o necesitas volve a escoitar o audio de novo.
· Busca no dicionario as palabras da Story que non coñezas e anótaas na libreta, escribe un título para esta actividade “Story Vocabulary”
|
Sesión 2
|
· Escoita de novo o AUDIO da STORY.
. Fai as actividades sobre a “Story” do Activity Book páxinas 40 e 41 (exercicios 7-8-9-10). Non esquezas facer a tradución do exercicio 7 no propio Activity Book.
. Fai as actividades do Activity Book 3,4,6 da páxina 38 e 39. |
Sesión 3
|
· Escoita a “Translation List 5” versión English.
· Copia a “Translation List 5” versión English nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. Se non tes folios ou follas podes facelo na libreta de inglés.
|
Sesión 4
|
· Traduce a “Translation List 5” vEnglish ao español ou galego, no mesmo folio da sesión anterior.
|
Sesión 5
|
· Corrixe a Translation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vSpanish).
Fixate ben en todas as palabras.
|
Sesión 6
|
Copia a “Translation List 5” versión Spanish nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión.
|
Sesión 7
|
· Escoita de novo o AUDIO TRANSLATION LIST 5 (vEnglish)e a “Translation List 5” vSpanish ao idioma inglés, no mesmo folio da sesión anterior.
. Traduce na folla da sesión anterior as frases ao inglés.
|
Sesión 8
|
· Corrixe a Tranlation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vEnglish). Fixate ben en todas as palabras.
· Escribe na libreta as frases en inglés que tiveches mal. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vSpanish”
|
Sesión 9
|
· Estuda as dúas Translation List e cando esteas list@ pídelle a alguén da familia que chas pregunte nos dous idiomas.
|
Sesión 10
|
· Kahoot challenge. Trátase dun pequeno xogo online, onde simplemente tes que facer clic nas respostas correctas. Segue os seguintes pasos:
-. Fai clic no enlace de abaixo.
-. Escribe o teu NOME E APELIDO.
· Se queres deixa un comentario neste “Post” sobre como che foi coas tarefas.
|
Se precisades un TRABALLO EXTRA podedes descargar as seguintes FOTOCOPIAS, podedes facer para repasar os temas 1-2-3-4. As solucións están ao final, non as miredes ata que as teñades feitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario