Xa estamos de volta rapaces. Este curso de seguro que imos aprender moito, e divertirnos aínda máis.
Este ano temos nova profe de inglés para a etapa de infantil e primeiro ciclo de primaria, chámase Ana e acompañaranos todo este curso.
E para comezar co bo pé lembraremos algunhas normas:

. Podedes deixar no blogue todos os comentarios que desexedes, sempre que estes non resulten inapropiados ou ofensivos. Non esquezades introducir o voso nome antes de publicar o voso comentario, non se publicarán comentarios anónimos.
. Nos esquezades levar sempre a clase o material de inglés (libro Student's, libro Activity, libreta pequena). Material que debedes coidar e conservar durante todo o curso.
. Co libro de inglés veñen dous cedés, ambos son para repasar desde casa. Un trae audios basados nas unidades (AUDIO CD) e outro actividades dixitais (CD-ROM).
. Con respecto aos deberes e proxectos, lembrade entregalos sempre a tempo. Xa sabedes que normalmente son pouquiños e que nunca se envían para o día seguinte.
. Os pais do alumnado de 3º a 6º debedes revisar sempre o "Rexistro", fotocopia que aparece ao final do Activity Book; nese apartado se rexistrarán as datas e notas dos tests e proxectos, ademáis de calquera incidencia relativa ao seu fillo. As incidencias sempre deben ser asinadas pola familia.
. Os pais podedes solicitar unha entrevista para falar coa profesora de inglés sempre previa cita.
Feliz comezo a tod@s!
Tamen a ti
ResponderEliminarThank you Soraya
ResponderEliminar