05/02/14

FUN LESSONS IN YOUR TABLET

Coméntame unha familia que no seu "Ipad" non pode reproducir algunhas das actividades que aparecen na web de inglés. Con respecto a este tema, eu non teño un tablet  "ipad" pero ata o que eu sei, os tablets "Ipad", e os produtos Apple en xeral, non traballan con "flash"(Adobe) porque, segundo creo, o consideran inseguro e en ocasións pouco eficaz. O problema é que a maioría dos vídeos e xogos que están na rede están en formato "flash", polo que con un ipad non se poderán reproducir.

Con respecto os tablets ou móbiles doutras compañías, non deberíades ter ningún problema en reproducir todos os xogos e vídeos, eso sí, deberedes ter actualizado o flash (Flash Adobe 11) para que funcionen correctamente.

Aproveito esta entrada para lembraros que existen moitas apps (aplicacións) interesantes para aprender inglés, a maioría gratuitas ou a prezo moi baixo.

Pili Pop (para Ipad), dirixida a nenos a partir de 6 anos


Ling Ling (para Android), para todas as idades


Duolingo (para Android), mais ben para os adultos

Ningún comentario:

Publicar un comentario