Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS4SCIENCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS4SCIENCE. Mostrar todas las entradas

10/6/19

AVALIACIÓN SCIENCE BLOQUE 3: Venres 12 xuño

A data máxima de entrega para este último bloque 3 será o venres 12 de xuño. Pasada esta data correxirase o traballo, pero non contará para a avaliación.
Para a avaliación deste bloque soamente deberedes enviar ao meu correo o cartel, no suposto de que non fósedes capaces de subilo a Padlet.
manuelafeixoo@gmail.com

5 XOGOS DIXITAIS: Xeira, Naia, Mireya, Héctor, Maia, Alba, Fran, Xoel, Raquel, Javier,  Claudia, Nicolás,  Javier, Artai, Aroa, Hugo

Cartel "GREEN EARTH": Xeira, Naia, Mireya, Héctor, Maia, Alba, Fran, Xoel, Raquel, Artai, David Pérez, Aroa, André, Javi, Nicolás

29/5/19

BLOQUE 3 SCIENCE: venres 29 maio- venres 12 de xuño

Este será o último bloque de "Social Science".
Neste bloque poremos a proba os nosos coñecementos sobre o noso planeta, o seu coidado e os elementos da paisaxe.
Para repasar estes conceptos utilizaremos actividades dixitais da plataforma WORDWALL.
A avaliación desta actividade consistirá simplemente no envío do poster da actividade 6, xa que os resultados dos diferentes xogos xa os vou vendo eu na miña aplicación.

Actividade 1: Unscramble: Landscape words (ordena palabras sobre a paisaxe)
Neste xogo deberás arrastrar cada debuxo hacia a súa palabra correspondente. Trátase de vocabulario relacionado co noso planeta e a paisaxe. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.





Actividade 2: Landscape Pictures
Esta actividade é un pouquiño máis difícil ca anterior, nesta ocasión deberás tamén que arrastrar os debuxos á palabra correspondente. Son nomes de elementos da paisaxe: desert, volcano, beach...
Como as imaxes son pequenas lembra que dándolle ao símbolo inferior dereito en forma de cadrado a imaxe amplíase. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.



Actividade 3: City Places (lugares da cidade)
Nesta ocasión repasaremos  o nome dalgúns lugares (Places) que podemos atopar na cidade. Deberás ordenar as palabras para que as frases teñan sentido. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto
Lembra como se dicía en inglés HAY, xa que todas as frases comezan con "HAY" ou "NON HAY"
There is a ... Hay un ...
There isn't a ... No hay un...
There are some... Hay algunos...
There aren't any... No hay ningunos...
(near here: cerca de aquí)



Actividade 4: True or False about Earth (Verdadeiro e Falso sobre a Terra)
Neste xogo deberás ser rápido e eficiente, verás frases sobre o noso planeta, a lúa e o sol. Deberás marcar TRUE (verdadeiro) ou FALSE (falso). Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.





Actividade 5: Earth Day (Día da Terra)
Nesta actividade verás 4 consellos que serven para axudar ao coidado e a conservación do noso planeta. Simplemente terás que marcar o debuxo que estea relacionado con cada frase. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.


Actividade 6: Poster "GREEN EARTH"
 Volve entrar no xogo anterior e copia os catro consellos anteriores. Debes facer na libreta ou nun folio un pequeno póster onde aparezan estas 4 frases xunto cunha ilustración de cada unha (debuxo ou foto) que estea relacionado con cada unha delas. O póster titularase "Green Earth". En inglés utilízase tamén a palabra "green" (verde) para asociala a persoas e medidas que contribúen ao coidado do medio ambiente.
Lembra que como se trata dun póster debe ser visualmente moi bonito, emprega diferentes cores e letras que destaquen e que se lean moi ben.
Se alguén quere escribir algún consello máis propio tamén é posible.

Podes subir a foto do teu Póster directamente a este PADLET ou enviarme a foto por correo e xa a subo eu. No apartado do título poñede simplemente o voso nome.
Para a última actividade de inglés utilizaremos tamén un Padlet.

Instrucións de como subir a Padlet:
- Fai clic no símbolo +, na esquina inferior dereita.
- Escribe no título o teu Nome
- Dalle ao símbolo da cámara de fotos se queres quitar a foto ao teu debuxo e subila.
Ou ben, dalle ao símbolo da frecha hacia arriba se a foto xa a tes no teu dispositivo e soamente queres subila.

Hecho con Padlet

AVALIACIÓN BLOQUE 2 SCIENCE (Venres 29 maio)

A avaliación deste Bloque consistirá no envío ao meu correo electrónico de fotos de:
- Mapa relevo
- Mapa ríos
- Mapa comunidades autónomas
- Libreta 12 definicións
manuelafeixoo@gmail.com


TAREFA 3 MAPAS: Mireya, Naia, Javier, Héctor, Aroa, Hugo, Maia, Nicolás, Artai, Fran, Raquel, Claudia, Alba, Xoel, David Pérez
TAREFA LIBRETA: Mireya, Naia, Javier, Héctor, Aroa, Hugo, Maia, Nicolás, Artai, Fran Raquel, Claudia, Alba, Xoel
TAREFA WORDWALL VOLUNTARIA: Mireya, Aroa, Nicolás, Maia, Fran, Alba, Xoel

12/5/19

BLOQUE 2 SCIENCE: venres 15 maio- venres 29 maio

Neste Bloque repasaremos o Mapa Físico e Político de España e  vocabulario relacionado coa Terra e o Espacio.

. ACTIVIDADE 1: MAPA FÍSICO ESPAÑA
Repasa o relevo e os ríos de España a través destes mapas dixitais. Escolle o mapa no idioma que prefiras galego ou inglés. Despois de practicalos deberás debuxar ou imprimir estes dous mapas mudos e escribir os nomes dos ríos nun, e os do relevo noutro mapa.



MAPA RELEVO en galego

MAPA RELEVO en inglés

MAPA RÍOS en galego

MAPA RÍOS en inglés






. ACTIVIDADE 2: MAPA POLÍTICO ESPAÑA
Repasa o nome das provincias e comunidades autónomas de España practicando con estes mapas dixitais. Escolle o idoma que prefiras para practicalos. Despois debuxa ou imprime soamente un mapa das comunidades autónomas e escribe o nome das comunidades e as súas capitais.



MAPA PROVINCIAS en galego

MAPA PROVINCIAS en inglés

MAPA COMUNIDADES en galego

MAPA COMUNIDADES en inglés


ACTIVIDADE 3: EARTH
Entra no enlace desta actividade e copia na libreta de inglés as definicións das 12 palabras que aparecen no xogo. Por exemplo:
Earth: It's the name of our planet.
Cando remates de copiar o significado das 12 palabras entra de novo no xogo e fai o apartado de APRENDER, ESCRIBIR, ORTOGRAFÍA e PROBAR. Anota o resultado de PROBAR na túa libreta.
ENLACE XOGO VOCABULARIO

Actividade 4: Non é obrigatoria, está dirixida aos alumnos que van moi adiantados, por se están aburridos.


AVALIACIÓN BLOQUE 1 SCIENCE

Para avaliar este Bloque debedes enviarme ao meu correo electrónico as páxinas feitas da 2 á 9 do caderno de Science.

Email: manuelafeixoo@gmail.com


TAREFA ENTREGADA: Nico, Naiara, Fran, Maia, Mireya, Naia, Aroa, Javier, Xoel, Xavi, Hugo, André, Héctor, Artai, David Pérez, Raquel, Claudia, Alba

12/4/19

BLOQUE 1 SCIENCE: 14 abril-14 marzo

Durante esta etapa de confinamento imos traballar o tema de “ Social Science”“Population and Location” (Poboación e Localidade).
 Preséntovos o traballo organizado en 15 sesións. Teredes 4 semanas para a súa realización (14 abril-14 maio).
Algúns non tendes con vós o caderno, nese caso podedes descargalo no seguinte enlace.
Enlace á descarga caderno: CADERNO SCIENCE “POPULATION”
Enlace ao LIM: XOGO LIM unidade POPULATION (Where do we live?)
Unidade 4
POPULATION AND LOCATION
Aprenderemos
E
Repasaremos
. A diferenza entre city, town and village.
. O nome dos elementos da paisaxe.
. A diferenza entre paisaxe natural e paisaxe humanizada.
. A diferenza entre poboación urbana e rural.
. Interpretar gráficas sobre poboación.
. Describir a nosa cidade.
. A formación do plural en inglés.
. Expresar a existencia de algo.
Vocabulario
.City, town, village
.Natural landscape: beach, river, mountain, plant, tree and desert.
.Man-made landscape: cinema, hospital, museum, park, shopping centre, swimming pool, train station, zoo, church, stadium, airport and school.

Gramática
Verbo “haber” en ingles: There is / There are
 There is a church: Hai unha igrexa
There are some churches: Hai algunhas igrexas
Is there a church? Yes, there is : ¿Hai unha igrexa? Si
Are there any churches? Yes, there are: ¿Hai algunhas igrexas? Si

Formación do plural
 -s/ gardens, schools
-es/ beaches, churches,
 -ies/ libraries


Sesión 1
·  Colorear á portada. Podes utilizar todo tipo de pinturas, sempre que teñas coidado de non manchar a folla seguinte.
·  Escribe o teu nome e apelidos (atención as maiúsculas e til)
·  Paxina o caderno tendo en conta que a portada será a páxina número 1 (se tes dúbidas entra no enlace do caderno meu)
Sesión 2
Páxina 2 caderno (Natural and man-made landscape)
·  Traduce ao galego os dous textos
Natural landscape: paisaxe natural
Man-made landscape: paisaxe feita polo home
·  Busca no diccionario as outras palabras que necesites
· Escoita e posteriormente le o texto do XOGO LIM da páxina  4
· Fai no XOGO LIM a páxina 5
Sesión 3
·  Fai as páxinas do XOGO LIM da 6 ata a 17
Sesión 4
Páxina 3 caderno:
·  Volve a ver e escoitar o nome dos elementos da paisaxe que aparecen nas páxinas 6,7,8 do XOGO LIM. Aprende os seus nomes.
·  Escribe o nome en inglés e en galego aos diferentes elementos da paisaxe que aparecen (debuxos).
Sesión 5
·  Fai as páxinas do XOGO LIM da 18 ata a 22
Sesión 6
Páxina 4 caderno:
·    Escribe outros elementos naturais que ti coñezas (3 por exemplo)
·  Pon en plural as palabras
Sesión 7
· Páxina 5 caderno: Fai a sopa de letras, colorea as palabras cando esteas seguro de que están ben
Sesión 8
·             Le o escoita a páxina 23 do XOGO LIM.
·             Páxina 5 caderno: Copia o texto na libreta de inglés (non esquezas comezar nunha páxina nova, poñer “date” and “weather” e poñer un título (Science: City, town and village”
Sesión 9
·  Traduce na libreta o texto da sesión anterior, deixa unha línea de separación co exercicio anterior (non fai falla date, weather) e pon título (Science: tradución)
Many: lots of (moitos)
There is / There are: Hai
Sesión 10
·         Páxina 6 caderno: Escribe cada frase no apartado “villages” ou no apartado “cities”
·         Fai as páxinas 23 (escoitar e ler) e 24 do XOGO LIM
Sesión 11
·         Lim 26-37
Sesión 12
Páxina 7 caderno:
·         Escribe no mapa o nome das catro provincias de Galicia e das cidades que aparecen no XOGO LIM páxina 26
·         Responde as preguntas (resposta longa)
Sesión 13
Páxina 8 caderno:
·  Fai a actividade “True or False” Verdadeiro ou Falso. As frases que son falsas debes escribilas de novo correctamente.
Sesión 14
·  Escoita e logo le en voz alta o texto do XOGO LIM páxina 25
·  Completa as frases do caderno páxina 9.
Sesión 15
·  Fai as páxinas do XOGO LIM desde a 38 ata a 45