Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS12. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFAS12. Mostrar todas las entradas

9/4/19

ENGADIMOS A ESTE BLOQUE...

. FLASHCARDS a cor de todos as unidades, moi útiles para repasar e practicar xogos.
FLASHCARDS PRIMEIRO
FLASHCARDS SEGUNDO

. Lembrade que na casa tendes o cedé que acompañaba ao voso libro de texto. De todas as maneiras por se non o tedes, ou non tedes medios de como executalo aquí o tedes en versión online (require ter instalado flash player no teu explorador)

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41002864/helvia/aula/archivos/_19/html/696/exeLinux.htm

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41002864/helvia/aula/archivos/_18/html/697/exeLinux.htm


Por último recomendámosvos instalar esta app chamada GO, é da editorial Richmond e durante estes días está dispoñible a súa instalación de maneira gratuita.
Despois de botarlle un ollo parécenos visualmente sinxela e intuitiva, para aprender e repasar moito vocabulario en inglés, abarca todos os cursos de primaria seguindo en cada un deles un deseño semellante.



14/3/19

1º e 2º: TRABALLAMOS EN CASA!

Ola familias! Sen ser obrigatorias, queremos proporcionaros aquí unhas posibles actividades para que realicen os nenos e nenas de primeiro e segundo desde casa durante os días que dure a cancelación das clases lectivas.
Para calquera dúbida ou incidencia podedes deixar unha mensaxe neste "post" ou enviar un correo electrónico a manuelafeixoo@gmail.com ou a profe Ana:  anamariacabaleiro@edu.xunta.es

. Recomendamos realizar os xogos LIM correspondentes aos temas 1, 2, 3,4 e 5.
XOGOS LIM 1º Curso
XOGOS LIM 2º Curso

. Podedes  tamén descargar os debuxos e palabras do seu "Picture Dictionary" para facer xogos tipo asociar imaxe-palabra, escribir as palabras relacionadas cos debuxos, facer unha frase co debuxo ou palabra, etc.
PICTURE DICTIONARY 1º
PICTURE DICTIONARY 2º

. Escoitar as cancións e vídeos das unidades 1-5 que tendes a vosa disposición no apartado dos cursos de Primeiro e de Segundo.
CURSO 1º
CURSO 2º

. Por último se tendes a opción de imprimir tendes a vosa disposición estas fotocopias de reforzo das unidades. Ao final de cada bloque tendes a solución ás actividades.
FOTOCOPIAS 1º
FOTOCOPIAS 2º