24/05/19

BLOQUE 5: 25 maio - 8 xuño (5º curso)

Neste Bloque 4 traballaremos sobre a Cultura Británica, centrándonos sobre todo na súa cidade máis importante LONDON
Deberás ler atentamente todos os apartados, incluídas as lecturas e visualizar todos os vídeos. Deberás facer as  actividades na orden establecida. Son 7 actividades: 
- Libreta: activity 1, activity 2, activity 3
- Fichas dixitais: activity 4, activity 5, activity 6
- Kahoot: activity 7
Toma nota dos resultados das fichas dixitais nun recadro como nos bloques anteriores. Para a avaliación deste bloque deberás enviar foto dos 3 exercicios da libreta e o recadro do resultado das 3 fichas dixitais.

O Territorio de United Kingdom (The UK)
A xente tende a confundir estes terrritorios: The Uk (o Reino Unido),  Great Britain (Gran Bretaña) e the British Isles (Illas Británicas), non son exactamente o mesmo territorio,. Observa ben os seguintes mapas para entender esta diferencia.

. O Reino Unido (The United Kingdom) está formado por 4 nacións: Inglaterra (England), Gales (Wales), Escocia (Scotland) e Irlanda do Norte (North Ireland)
. Gran Bretaña (Great Britain) comprende soamente as 3 nacións da illa, non inclúe a Irlanda do norte.
. Inglaterra (England) é unha das 5 nacións do Reino Unido.



. Actividade 1: Libreta "The UK, Great Britain and England"
Explica e debuxa na túa libreta a diferenza entre The UK, Great Britain and England.


Actividade 2: Libreta "Map of the UK"
O Reino Unido está composto por 4 nacións, algo parecido as nosas comunidades autónomas. Debuxa na túa libreta, un mapa do Reino Unido (the UK) coas súas 4 nacións e as capitais de cada unha destas nacións, debuxa tamén unha estrela na capital do Reino Unido.
O nome das nacións escríbeo con maiúsculas e o das capitais con minúscula.





The flag of the UK
A bandeira do Reino Unido foi cambiando a medida que diferentes territorios se foron incorporando ao Reino Unido. Á bandeira do Reino Unido tamén se lle chama "The Union Jack".
Visualiza este vídeo sobre os cambios no territorio en na bandeira de UK.


O dragón da bandeira de Gales (Wales) non se incorporou á bandeira de UK porque cando se diseñou a primeira bandeira da Union Jack (1606), Gales estaba unido a Inglaterra.




Actividade 3: Libreta "The flag of the UK"
Debuxa a bandeira do Reino Unido "The Union Jack" o máis real posible. O seguinte vídeo pode axudarche.



London, the capital city of the UK

Londres é a capital de UK. Nos seguintes vídeos farás unha pequena excursión polos sitios máis emblemáticos de Londres. 
Visualiza os vídeos moi atentamente, toma notas se o precisas, logo deberás realizar unhas fichas dixitais e un Kahoot sobre todo o aprendido sobre Great Britain and London.


Video 1: This is London (Esto es Londres)


Vídeo 2: London sightseeing (Excursión a Londres)


. Actividade 4: Ficha dixital "London Landmarks" (Sitios emblemáticos de Londres)

. Actividade 5: Ficha dixital "Sitios emblemáticos de Londres II"

. Actividade 6: Ficha dixital The UK



. Actividade 7: Kahoot "British Culture".
Antes de facer este Kahoot debes ler atentamente esta información sobre estas importantes festividades celebradas en UK e USA.
 O Kahoot soamente podes facelo unha vez, non esquezas escribir correctamente o teu nome e apelido. Enlace XOGO KAHOOT














Actividade 8: Fichas dixitais "Culture Aspects" (voluntarias)
Estas fichas soamentes é para quen vaia moi avanzado e queira facelas para avaliar os seus coñecementos sobre a cultura británica, pódese facer as veces que se queira.




7 comentarios:

  1. Hola teacher. Son David Costas non me funcionan as fichas dixitais do bloque 5 en ningún navegador.

    ResponderEliminar
  2. Ola David, foi un erro meu, non tes ningún problema no teu navegador.
    Xa está solucionado. Grazas por avisar.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Hola teacher son Aron tengo problemas con los videos que no los escucho ni en el teléfono ,tablet ni en el ordenador desde el primer video

    ResponderEliminar
  4. Ola Arón, o vídeo primeiro non o escoitas porque non ten son, simplemente é para visualizar. Os demais teñen son e funcionan ben, a ver se che despistou ese primeiro vídeo e pensaches que tiñas un problema no teu dispositivo.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. Considero que existen 5 países. Irlanda del Norte, Irlanda, Escocia, Inglaterra, galés, y en los ejercicios no aparecen reflejados.

    ResponderEliminar
  6. Ola, Irlanda si que é un país, pero non pertence ao Reino Unido.
    Un saúdo

    ResponderEliminar