24/05/19

BLOQUE 5: 25 maio- 8 xuño (3º curso)

Neste Bloque 5 traballaremos sobre a Cultura Británica, centrándonos sobre todo na súa cidade máis importante LONDON
Deberás ler atentamente todos os apartados, incluídas as lecturas e visualizar os vídeos. Son 10 actividades: 
- Libreta: activity 1, activity 2, activity 4, activity 6
- Fichas dixitais: activity 5, activity 7, activity 8, activity 9
- Kahoot: activity 10
Toma nota dos resultados das fichas dixitais nun recadro como nos bloques anteriores. Para a avaliación deste bloque deberás enviar foto dos 4 exercicios da libreta e o recadro do resultado das 4 fichas dixitais. O resultado do xogo Kahoot xa o recibo eu na miña aplicación.


O Territorio de United Kingdom (The UK)
O Reino Unido, que en inglés se chama "The United Kingdom" ou de maneira máis breve "The UK", está composto por 4 nacións, algo parecido as nosas comunidades autónomas. 
O nome destas nacións son:
- England (Inglaterra)
- Wales (Gales)
- Scotland (Escocia)
- Northern Ireland (Irlanda do Norte)
No seguinte mapa de UK podedes ver onde están eses territorios e cales son as súas capitais.
London (Londres) ademais de ser a capital de Inglaterra, é a capital de todo o Reino Unido.



Actividade 1 libreta:  "Map of the UK"
Debuxa na túa libreta, un mapa do Reino Unido (the UK) coas súas 4 nacións e as capitais de cada unha destas nacións, debuxa tamén unha estrela na capital do Reino Unido.
O nome das nacións escríbeo con maiúsculas e o das capitais con minúscula.
Se o prefires podedes utilizar esta plantilla.

The flag of the UK
A bandeira do Reino Unido foi cambiando a medida que diferentes territorios se foron incorporando ao Reino Unido. Á bandeira do Reino Unido tamén se lle chama "The Union Jack".
Visualiza este vídeo sobre os cambios no territorio en na bandeira de UK.


O dragón da bandeira de Gales (Wales) non se incorporou á bandeira de UK porque cando se diseñou a primeira bandeira no ano 1606, Gales estaba unido a Inglaterra.



Actividade 2 libreta: "The flag of the UK"
Debuxa a bandeira do Reino Unido "The Union Jack" o máis real posible. O seguinte vídeo pode axudarche.



London, the capital city of the UK
Londres é a cidade máis importante do Reino Unido. Alí é onde vive a súa raiña "Elisabeth II". Subiu ao trono cando soamente tiña 16 anos e actualmente segue gobernando con máis de 90 anos que ten. Ela é unha raíña moi famosa no mundo enteiro e moi querida polo seu pobo.
Elizabeth II The Queen

Vive en  Buckingham Palace, un famoso palacio que podedes ver se paseades polo centro de Londres.

Imos aprender mais cousas sobre Londres coa seguinte actividade.

Actividade 3: Visualiza os seguinte vídeos. Primeiro a versión en español e logo a versión en inglés.

Spanish Version

English version


Actividade 4 Libreta:
Anota na túa libreta o nome dos lugares de Londres que se mencionan no vídeo anterior. Son 11, a ver se es capaz de escribilos todos. Ponlle de título "London landmarks" (Sitios emblemáticos de Londres)



. Actividade 5: Ficha dixital  "Six important words" (6 palabras importantes)
Arrastra as palabras superiores ao seu sitio. Se trata de 6 palabras que están moi relacionadas coa cultura británica

. Actividade 6 libreta: Escribe na libreta as 6 palabras da ficha dixital anterior e escribe por que crees que están relacionadas coa cultura británica, podes explicalo en inglés, galego ou castelán. Por exemplo:
Taxi: Os taxis negros son un símbolo de Londres. Son sempre negros e teñen un diseño redondeado. Levan moitísimos anos en funcionamento.


Antes de facer as seguintes actividades visualiza este vídeo titulado "This is London" (Esto es Londres)


. Actividade 7: Ficha dixital "London Tour"



Actividade 8: Ficha dixital "Places in London"
Debes escoitar atentamente antes de seleccionar a palabra. Memoriza a pronunciaciónn dos lugares.





Actividade 9: Ficha dixital "Famous sights of London"



. Actividade 10: Kahoot "British Culture".
  Imos poñer a proba os teus coñecementos sobre a cultura inglesa con este Kahoot. Soamente poderás facelo unha vez. Escribe ben o teu nome e apelido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario