04/05/19

BOXING DAY



“Boxing Day” é unha festividade que se celebra no Reino Unido e tamén noutros países que pertenceron ao Imperio británico. Celébrase o 26 de decembro, e ese día e festivo no Reino Unido e en Irlanda.
No “Boxing Day” as familias reúnense para continuar coas celebracións de Nadal e fanse regalos. Antes as persoas saían a rúa a desfrutar de todo tipo de entretementos coma espectáculos, obras de teatro, exposicións e eventos deportivos como partidos de fútbol e cazas. Nos últimos tempos converteuse en sinónimo de moitos deportes como as carreiras de cabalos, ou simplemente participar en actividades excéntricas como nadar en auga fría coma o xeo, ou participar en carreiras divertidas.
Lamentablemente nestes últimos anos ir de compras parece ser unha novo deporte que se incorporou a esta festividade.  Ao igual que pasou co “Black Friday”, este día que se supoñía era un día para desfrutar en familia, pasou a converterse nun día de consumo, que os comercios como Harrods, a tenda máis cara de Londres, aproveitan ofrecendo grandes descontos e rebaixas.
A orixe deste festividade remóntase a Idade Media. Pénsase que despois do Nadal as clases nobres entregaban cestas de Nadal, caixas ou cestas con comida e froita a súa servidume. Tamén se pensa que neste día os sacerdotes sacaban á vista as caixas con doazóns de caridade feitas previamente. Outra teoría é que o día 26 de decembro os empregados e aprendices levaban aos seus postos de traballo unha caixa onde o patrono depositaba diñeiro, ao final do día os empregados repartían os cartos entre eles, o que constituía unha especie de aguinaldo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario