“Boxing Day” é
unha festividade que se celebra no Reino Unido e tamén noutros países que
pertenceron ao Imperio británico. Celébrase o 26 de decembro, e ese día e
festivo no Reino Unido e en Irlanda.
No “Boxing Day”
as familias reúnense para continuar coas celebracións de Nadal e fanse regalos.
Antes as persoas saían a rúa a desfrutar de todo tipo de entretementos coma
espectáculos, obras de teatro, exposicións e eventos deportivos como partidos
de fútbol e cazas. Nos últimos tempos converteuse en sinónimo de moitos
deportes como as carreiras de cabalos, ou simplemente participar en actividades
excéntricas como nadar en auga fría coma o xeo, ou participar en carreiras
divertidas.
Lamentablemente
nestes últimos anos ir de compras parece ser unha novo deporte que se
incorporou a esta festividade. Ao igual
que pasou co “Black Friday”, este día que se supoñía era un día para desfrutar
en familia, pasou a converterse nun día de consumo, que os comercios como Harrods, a tenda máis cara de Londres, aproveitan
ofrecendo grandes descontos e rebaixas.
A orixe deste festividade remóntase a Idade Media.
Pénsase que despois do Nadal as clases nobres entregaban cestas de Nadal,
caixas ou cestas con comida e froita a súa servidume. Tamén se pensa que neste
día os sacerdotes sacaban á vista as caixas con doazóns de caridade feitas
previamente. Outra teoría é que o día 26 de decembro os empregados e aprendices
levaban aos seus postos de traballo unha caixa onde o patrono depositaba
diñeiro, ao final do día os empregados repartían os cartos entre eles, o que
constituía unha especie de aguinaldo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario