29/05/19

BLOQUE 3 SCIENCE: venres 29 maio- venres 12 de xuño

Este será o último bloque de "Social Science".
Neste bloque poremos a proba os nosos coñecementos sobre o noso planeta, o seu coidado e os elementos da paisaxe.
Para repasar estes conceptos utilizaremos actividades dixitais da plataforma WORDWALL.
A avaliación desta actividade consistirá simplemente no envío do poster da actividade 6, xa que os resultados dos diferentes xogos xa os vou vendo eu na miña aplicación.

Actividade 1: Unscramble: Landscape words (ordena palabras sobre a paisaxe)
Neste xogo deberás arrastrar cada debuxo hacia a súa palabra correspondente. Trátase de vocabulario relacionado co noso planeta e a paisaxe. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.





Actividade 2: Landscape Pictures
Esta actividade é un pouquiño máis difícil ca anterior, nesta ocasión deberás tamén que arrastrar os debuxos á palabra correspondente. Son nomes de elementos da paisaxe: desert, volcano, beach...
Como as imaxes son pequenas lembra que dándolle ao símbolo inferior dereito en forma de cadrado a imaxe amplíase. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.



Actividade 3: City Places (lugares da cidade)
Nesta ocasión repasaremos  o nome dalgúns lugares (Places) que podemos atopar na cidade. Deberás ordenar as palabras para que as frases teñan sentido. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto
Lembra como se dicía en inglés HAY, xa que todas as frases comezan con "HAY" ou "NON HAY"
There is a ... Hay un ...
There isn't a ... No hay un...
There are some... Hay algunos...
There aren't any... No hay ningunos...
(near here: cerca de aquí)



Actividade 4: True or False about Earth (Verdadeiro e Falso sobre a Terra)
Neste xogo deberás ser rápido e eficiente, verás frases sobre o noso planeta, a lúa e o sol. Deberás marcar TRUE (verdadeiro) ou FALSE (falso). Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.





Actividade 5: Earth Day (Día da Terra)
Nesta actividade verás 4 consellos que serven para axudar ao coidado e a conservación do noso planeta. Simplemente terás que marcar o debuxo que estea relacionado con cada frase. Faino ás veces que necesites ata que che saia perfecto.


Actividade 6: Poster "GREEN EARTH"
 Volve entrar no xogo anterior e copia os catro consellos anteriores. Debes facer na libreta ou nun folio un pequeno póster onde aparezan estas 4 frases xunto cunha ilustración de cada unha (debuxo ou foto) que estea relacionado con cada unha delas. O póster titularase "Green Earth". En inglés utilízase tamén a palabra "green" (verde) para asociala a persoas e medidas que contribúen ao coidado do medio ambiente.
Lembra que como se trata dun póster debe ser visualmente moi bonito, emprega diferentes cores e letras que destaquen e que se lean moi ben.
Se alguén quere escribir algún consello máis propio tamén é posible.

Podes subir a foto do teu Póster directamente a este PADLET ou enviarme a foto por correo e xa a subo eu. No apartado do título poñede simplemente o voso nome.
Para a última actividade de inglés utilizaremos tamén un Padlet.

Instrucións de como subir a Padlet:
- Fai clic no símbolo +, na esquina inferior dereita.
- Escribe no título o teu Nome
- Dalle ao símbolo da cámara de fotos se queres quitar a foto ao teu debuxo e subila.
Ou ben, dalle ao símbolo da frecha hacia arriba se a foto xa a tes no teu dispositivo e soamente queres subila.

Hecho con Padlet

Ningún comentario:

Publicar un comentario