12/04/19

BLOQUE 1 SCIENCE: 14 abril-14 marzo

Durante esta etapa de confinamento imos traballar o tema de “ Social Science”“Population and Location” (Poboación e Localidade).
 Preséntovos o traballo organizado en 15 sesións. Teredes 4 semanas para a súa realización (14 abril-14 maio).
Algúns non tendes con vós o caderno, nese caso podedes descargalo no seguinte enlace.
Enlace á descarga caderno: CADERNO SCIENCE “POPULATION”
Enlace ao LIM: XOGO LIM unidade POPULATION (Where do we live?)
Unidade 4
POPULATION AND LOCATION
Aprenderemos
E
Repasaremos
. A diferenza entre city, town and village.
. O nome dos elementos da paisaxe.
. A diferenza entre paisaxe natural e paisaxe humanizada.
. A diferenza entre poboación urbana e rural.
. Interpretar gráficas sobre poboación.
. Describir a nosa cidade.
. A formación do plural en inglés.
. Expresar a existencia de algo.
Vocabulario
.City, town, village
.Natural landscape: beach, river, mountain, plant, tree and desert.
.Man-made landscape: cinema, hospital, museum, park, shopping centre, swimming pool, train station, zoo, church, stadium, airport and school.

Gramática
Verbo “haber” en ingles: There is / There are
 There is a church: Hai unha igrexa
There are some churches: Hai algunhas igrexas
Is there a church? Yes, there is : ¿Hai unha igrexa? Si
Are there any churches? Yes, there are: ¿Hai algunhas igrexas? Si

Formación do plural
 -s/ gardens, schools
-es/ beaches, churches,
 -ies/ libraries


Sesión 1
·  Colorear á portada. Podes utilizar todo tipo de pinturas, sempre que teñas coidado de non manchar a folla seguinte.
·  Escribe o teu nome e apelidos (atención as maiúsculas e til)
·  Paxina o caderno tendo en conta que a portada será a páxina número 1 (se tes dúbidas entra no enlace do caderno meu)
Sesión 2
Páxina 2 caderno (Natural and man-made landscape)
·  Traduce ao galego os dous textos
Natural landscape: paisaxe natural
Man-made landscape: paisaxe feita polo home
·  Busca no diccionario as outras palabras que necesites
· Escoita e posteriormente le o texto do XOGO LIM da páxina  4
· Fai no XOGO LIM a páxina 5
Sesión 3
·  Fai as páxinas do XOGO LIM da 6 ata a 17
Sesión 4
Páxina 3 caderno:
·  Volve a ver e escoitar o nome dos elementos da paisaxe que aparecen nas páxinas 6,7,8 do XOGO LIM. Aprende os seus nomes.
·  Escribe o nome en inglés e en galego aos diferentes elementos da paisaxe que aparecen (debuxos).
Sesión 5
·  Fai as páxinas do XOGO LIM da 18 ata a 22
Sesión 6
Páxina 4 caderno:
·    Escribe outros elementos naturais que ti coñezas (3 por exemplo)
·  Pon en plural as palabras
Sesión 7
· Páxina 5 caderno: Fai a sopa de letras, colorea as palabras cando esteas seguro de que están ben
Sesión 8
·             Le o escoita a páxina 23 do XOGO LIM.
·             Páxina 5 caderno: Copia o texto na libreta de inglés (non esquezas comezar nunha páxina nova, poñer “date” and “weather” e poñer un título (Science: City, town and village”
Sesión 9
·  Traduce na libreta o texto da sesión anterior, deixa unha línea de separación co exercicio anterior (non fai falla date, weather) e pon título (Science: tradución)
Many: lots of (moitos)
There is / There are: Hai
Sesión 10
·         Páxina 6 caderno: Escribe cada frase no apartado “villages” ou no apartado “cities”
·         Fai as páxinas 23 (escoitar e ler) e 24 do XOGO LIM
Sesión 11
·         Lim 26-37
Sesión 12
Páxina 7 caderno:
·         Escribe no mapa o nome das catro provincias de Galicia e das cidades que aparecen no XOGO LIM páxina 26
·         Responde as preguntas (resposta longa)
Sesión 13
Páxina 8 caderno:
·  Fai a actividade “True or False” Verdadeiro ou Falso. As frases que son falsas debes escribilas de novo correctamente.
Sesión 14
·  Escoita e logo le en voz alta o texto do XOGO LIM páxina 25
·  Completa as frases do caderno páxina 9.
Sesión 15
·  Fai as páxinas do XOGO LIM desde a 38 ata a 45

Ningún comentario:

Publicar un comentario