13/04/19

BLOQUE 2: 13-27 abril (3º curso)

Comezamos unha nova quincena. Ánimo rapaces!!!
Neste bloque imos centrarnos na STORY do tema 5 e nas TRANSLATION LIST, nas dúas versións (English-Spanish: a fácil), e a versión (Spanish-English: a difícil).
Como última actividade tendes un "Kahoot Challenge" (Reto Kahoot), xa veredes en que consiste.
Para a seguinte quincena se seguimos co traballo telemático xa vos teño preparado algo dixital que seguro vaivos gustar máis.
Seguide traballando e esforzándoos que pronto poderemos volver ao cole e  desfrutar dos amig@s. E lembrade STAY AT HOMEAND STRONG!!!

  Dúbidas e comentarios neste post ou no email "manuelafeixoo@gmail.com"

Sesión 1
·  Escoita o audio da “Story” da unidade 5 vendo ao mesmo tempo polo Student’s Book páxinas 44-45.  AUDIO STORY AQUÍ
·  Le en voz alta a Story , se o necesitas volve a escoitar o audio de novo.
·  Busca no dicionario as palabras da Story que non coñezas e anótaas na libreta, escribe un título para esta actividade “Story Vocabulary”
Sesión 2
· Escoita de novo o AUDIO da STORY.
.  Fai as actividades sobre a “Story” do Activity Book páxinas 40 e 41 (exercicios 7-8-9-10). Non esquezas facer a tradución do exercicio 7 no propio Activity Book.
. Fai as actividades do Activity Book 3,4,6 da páxina 38 e 39.
Sesión 3
·    Escoita  a “Translation List 5” versión English.
·    Copia a “Translation List 5” versión English nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. Se non tes folios ou follas podes facelo na libreta de inglés.
Sesión 4
·  Traduce a “Translation List 5” vEnglish ao español ou galego, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 5
·  Corrixe a Translation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vSpanish).
Fixate ben en todas as palabras.
Sesión 6
Copia a “Translation List 5” versión Spanish nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. 
Sesión 7
· Escoita de novo o AUDIO TRANSLATION LIST 5 (vEnglish)e a “Translation List 5” vSpanish ao idioma inglés, no mesmo folio da sesión anterior.
. Traduce na folla da sesión anterior as frases ao inglés.
Sesión 8
·             Corrixe a Tranlation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vEnglish).  Fixate ben en todas as palabras.
·             Escribe na libreta as frases en inglés que tiveches mal. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vSpanish”
Sesión 9
·  Escoita de novo o audio da TRANSLATION LIST vEnglish.
·  Estuda as dúas Translation List e cando esteas list@ pídelle a alguén da familia que chas pregunte nos dous idiomas.
Sesión 10
·         Kahoot challenge. Trátase dun pequeno xogo online, onde simplemente tes que facer clic nas respostas correctas. Segue os seguintes pasos:

-.  Fai clic no enlace de abaixo.
-. Escribe o teu NOME E APELIDO.
·         Se queres deixa un comentario neste “Post” sobre como che foi coas tarefas.
























































Se precisades un TRABALLO EXTRA podedes descargar as seguintes FOTOCOPIAS, podedes facer para repasar os temas 1-2-3-4. As solucións están ao final, non as miredes ata que as teñades feitas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario