O 5 de novembro os ingleses celebran a "Bonfire Night", a noite das fogueiras. Durante varios días hai multitude de fogueiras por toda Inglaterra, ademáis de lumes artificiais e numerosos petardos. Con esta festa rememoran un feito histórico acontecido no ano 1605.
Na noite do 5 de novembro un home chamado Guy Fawkes intentou facer voar con dinamita o Palacio de Westminster (sede do parlamento ingles), coa intención de matar ao rei, pero foi apresado e asasinado antes de que levara a cabo o seu plan.
Por tal motivo hoxe en día e desde fai moitos anos nas fogueiras colocan un moneco (guy), que representa a Guy Fawkes, algo semellante ao meco que queimamos nos durante o entroido.
Neste vídeo observaredes como celebran uns nenos ingleses este día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario