09/09/13

ASPECTOS ORGANIZATIVOS

1.  INFORMACIÓN XERAL
  • Tódalas notificacións mestra-pais faranse a través da libreta de inglés.
  • Os pais deberán revisar a libreta de inglés con certa frecuencia por se houbese algunha notificación.
  • De haber algunha notificación por parte da profesora (solitude de entrevista, problema de actitude, etc.) esta deberá ser asinada pola familia unha vez recibida.
  • Os deberes e a data de exames serán anotados na libreta de inglés por parte do alumnado.
  • A convocatoria de exames será pubicada tamén no páxina de inglés "Fun lessons".
  • Os exames de inglés deben ser asinados polas familias e vir de volta ao día seguinte ao colexio.
  • Recoméndase as familias visitar a páxina web de inglés con certa frecuencia para manterse informados.
  • Todos os nenos de primaria deberán realizar, na medida das súas posibilidades, as actividades LIM de cada unidade.
2. DEBERES
  • Os alumnos deberán anotar os deberes na libreta de inglés.
  • Os deberes nunca serán mandados para o día seguinte.
  • Os deberes deberán vir feitos no día correspondente.
  • A profesora tomará nota do día en que o neno ou  nena non trae os deberes, tres negativos ao respecto no mesmo trimestre implicará notificación por escrito aos pais. 
  •  A realización dos "libros LIM" de cada unidade non é obrigatoria, aínda que sí moi necesaria e recomendable.
3. ACTITUDE E RESPONSABILIDADE
  •  Os alumnos deberán manter unha actitude positiva en clase, actitude que implicará ( respecto a profesora e compañeiros, prestar atención en todo momento, respectar os turnos de palabra, participar activamente...)
  • Tres notificacións no mesmo trimestre por un problema de actitude suporá unha notificación ás familias, notificación que deberá vir asinada.
  • Os nenos deberán ser responsables do seu material, deberán traer sempre os libros e libreta de inglés a clase.
  • Tres notificacións de ausencia de material no mesmo trimestre implicará unha notificación as familias, a cal deberá vir asinada por estes.
4. AVALIACIÓN
  •  Os alumnos de segundo e terceiro ciclo realizarán test para avaliar os contidos adquiridos.
  • A adquisición dos contidos por parte dos alumnos será avaliada tamén diariamente mediante a observación na aula.
  • Farase polo menos un test por trimestre.
  • A nota do boletín virá dada, principalmente, pola nota obtida nos tests, pola nota obtida nos distintos traballos de aula,  pola actitude amosada na aula, pola responsabilidade na realización dos deberes e en traer sempre a aula o material.
5. CITA COA PROFESORA
  • Os pais que desexen ter unha entrevista coa profesora de inglés deberán pedir cita previa, preferiblemente por escrito.
  • O horario de entrevistas será os martes de 18h a 19h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario