07/03/13

SURPRISE!!!

Hi guys!!
I've got news about a boy you know very well. Who is he?

Hola chicos, recibín novas dun chico que coñecedes moi ben e que algúns botades un chisquiño de menos. A ver se sabedes de quen falo, aquí van as pistas.

He is tall and thin. He's got short brown hair. He speaks English and he lives in the USA.

Se adiviñades de quen falo cóntovos algunhas cousiñas sobre él moi interesantes.
..................................................................

Xa vexo que non tardastes nada en averiguar de quen estaba a falar.
Efectivamente o chico alto e degado, de pelo corto castaño, que fala inglés e que vive nos EEUU é .... BRIAN!!!
 No último email que nos enviou cóntanos que segue a botarnos moito de menos e que lle encantaría vir visitarnos pero que Vigo está moi lonxe de Minneapolis, que como lembrades é a cidade onde él vive.
Tamén enviounos algunhas fotos da súa cidade e do colexio onde está a traballar. Como en España aprendeu a falar tan ben o castelán agora está dando clases de español para nenos americanos nun colexio de inmersión lingüística, que quere dicir que nese colexio os nenos e nenas aprenden todo en español aínda que o seu idioma sexa o inglés, desa maneira convírtense en nenos bilingües.

Esta é a escola de Brian, a escola pública de "Minneapolis School District".


 Estas son unhas fotos dos seus alumnos nunha excursión que fixeron a unha granxa.



 E aquí outras fantásticas fotos do barrio de Minneapolis onde él vive.


Deixádelle mensaxes de ánimo a ver se conseguimos que veña algún día a facernos unha visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario