15/11/12

DICTIONARIES

Moitos somos os que cada vez máis recorremos aos diccionarios on line polo fácil e rápido acceso a información que nos ofrecen e pola actualización constante dos seus resultados. Ainda que estes diccionarios non están ao nivel dun bo diccionario manual sí que existen algúns moi interesantes que nos ofrecen ademáis aspectos extras tales como a pronunciación das palabras, elemento importantísimo na aprendizaxe dun idioma, o inglés no noso caso.

Na columna dereita do noso blogue tendes os enlaces a estes catro diccionarios.

  • DICIONARIO "Cambridge". Diccionario monolingüe. 
Definición en inglés, pronunciación, transcripción fonética e exemplos.
Define a palabra en inglés, aporta unha frase a modo de exemplo e permite ler escoitar a súa pronunciación tanto en inglés británico como americano.


  • DICIONARIO "WordReference". Tradutor multilingüe.
Tracución a varios idiomas, pronunciación, transcripción fonética e exemplos.
Traduce o  termo ao idioma que precises, inclúe tamén transcripción fonética, e escoita da pronunciación, no caso do inglés a británico e americano.

  • TRADUTOR ON LINE "Google". Traductor multilingüe
Traduce palabras, frases e textos a varios idiomas.
Coma tódolos traductores on line presenta moitas carencias pero pode resultar moi útil en determinadas situacións.



  • TRADUTOR GALEGO "OpenTrad"
Lamentablemente actualmente non dispoñemos dun bo traductor galego-inglés pero recomendamos o seguinte tradutor galego-portugués-español que pode axudarnos a resolver moitas dúbidas na grafía das palabras. Para unha boa tradución débese escribir a palabra sen faltas de ortografía.


Ningún comentario:

Publicar un comentario