Aquí tendes a lista de todo o VOCABULARY que imos traballar este ano en Primeiro Curso. Deberedes aprender a relacionar, identificar e pronunciar correctamente o seu nome, tanto ao ver a imaxen, como ao ver a palabra escrita.
Neste curso aínda non imos aprender a escribilas de memoria, iso farémolo o ano que ven cando esteamos en Segundo.
Cada vez que traballemos unha unidade deberedes repasar o vocabulario escoitando no voso CD (o de audio) as palabras desa unidade. Atoparédelas na sección "Picture" do voso CD. Podedes tamén practicar a súa pronunciación coa axuda do "Picture Dictionary" que imos facer na clase (o album de inglés), ou ben entrando no seguinte "LINK" onde aparecen recollidas todas as imaxes e palabras deste curso en forma de tarxetas, chamadas en inglés "FLASHCARDS".
Ningún comentario:
Publicar un comentario