19/4/25

AULA: Animal Padlet

O alumnado de 5º  realizou un proxecto que consistía en elaborar unha publicación nun muro colectivo coa temática dos animais.

En primeiro lugar, cada grupo tivo que tomar decisións sobre a súa futura publicación: animal a elixir, datos a publicar, tipo de imaxe... Posteriormente, tras elaborar por escrito un esquema cada grupo pasou a publicar o seu traballo nun muro colectivo, Padlet. 

A actividade continuaba cunha exposición oral da nosa publicación. A axuda da auxiliar de conversa Kayla neste paso foi valiosísima xa que fixo posible que cada grupo practicase previamente esta exposición con ela.

Por último, cada grupo tivo que avaliar mediante unha rúbrica as publicacións dos compañeiros.





  
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario