25/10/20

A ORIXE DE HALLOWEEN

Nos próximos días moitos nenos e nenas dos países anglosaxóns celebrarán a festa de Halloween. Nos últimos anos os nenos e nenas españois comezaron tamén a interesarse por esta festa, xa que resulta moi divertido disfrazarse, decorar a casa de maneira terrorífica e por suposto comer chuches a moreas.

Pero a realidade é que esta festividade xa era celebraba polo pobo celta aquí na nosa terra moitos anos antes e mais tarde levada aos países anglosaxóns polos emigrantes irlandeses. Os celtas celebraban a festa do "Samahin", festa que marcaba o fin do verán e o comezo do inverno, unha especie de festa de fin de ano, sendo ao mesmo tempo a festa dos mortos, xa que segundo a súa crenza esa noite os seus antepasados os visitaban. Non había polo tanto disfraces, nin chuches pero sí había grandes banquetes e druidas. Tampouco había cabazas con candeas acesas pero sí podías atopar nas portas das casas e camiños as cabezas cortadas e iluminadas dos seus inimigos, xa que os celtas pensaban que a alma dunha persoa residía na súa cabeza polo que poseer unha desas caveiras era todo un orgullo.

 Pouco a pouco esta tradición foise perdendo coa chegada do Cristianismo, e acabou convertíndose no "día de tódolos santos", o día 1 de novembro,  día no que visitamos e levamos frores aos nosos falecidos nos cemiterios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario