13/04/19

BLOQUE 2: 13-27 abril (4º curso)

Comezamos unha nova quincena. Ánimo rapaces!!!
Neste bloque imos centrarnos na STORY do tema 5 e nas TRANSLATION LIST, nas dúas versións (English-Spanish: a fácil), e a versión (Spanish-English: a difícil).
Como última actividade tendes un "Kahoot Challenge" (Reto Kahoot), xa veredes en que consiste.
Para a seguinte quincena se seguimos co traballo telemático xa vos teño preparado algo dixital que seguro vaivos gustar máis.
Seguide traballando e esforzándoos que pronto poderemos volver ao cole e  desfrutar dos amig@s. E lembrade STAY AT HOME AND STRONG!!!

  Dúbidas e comentarios neste post ou no email "manuelafeixoo@gmail.com"
Sesión 1
·  Escoita o audio da “Story” da unidade 5 vendo ao mesmo tempo polo Student’s Book páxinas 44-45.  AUDIO STORY AQUÍ
·  Le en voz alta a story , se o necesitas volve a escoitar o audio de novo. Busca as palabras que non entendas no dicionario e anótaas na libreta, ponlle de título "Vocabulary of the story"
Sesión 2
· Escoita de novo o audio da "Story".
.  Fai as actividades sobre a “Story” do Activity Book páxina 40-41 (8-9-10-11). Non esquezas traducir as frases do exercicio 8.
Sesión 3
·    Escoita  a “Translation List 5” versión English.
·    Copia a “Translation List 5” versión English nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión. Se non tes folios ou follas podes facelo na libreta de inglés.
Sesión 4
·  Traduce a “Translation List 5” vEnglish ao español ou galego, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 5
·  Corrixe a Translation List que fixeches na sesión anterior vendo por TRANSLATION LIST 5 (vSpanish).
Fixate ben en todas as palabras.
·  Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vE”
. Escoita de novo o AUDIO TRANSLATION LIST5 (vEnglish)
Sesión 6
Copia a “Translation List 5” versión Spanish nun folio ou folla grande de libreta, deixando espazo debaixo de cada oración para a tradución que farás na próxima sesión.
Sesión 7
· Traduce a “Translation List 5” vSpanish ao idioma inglés, no mesmo folio da sesión anterior.
Sesión 8
·  Corrixe o teu traballo vendo por TRANSLATION LIST 5 (vEnglish).  Fixate ben en todas as palabras.
· Escribe na libreta as frases que tiveches mal, nos dous idiomas. Non esquezas as normas da libreta, comeza nunha páxina nova, pon “date” and “weather” e pon un título que pode ser “Mistakes Translation List 5 vSpanish”
Sesión 9
·  Escoita de novo o AUDIO da TRANSLATION LIST vEnglish.
·  Estuda as dúas Translation List e cando esteas list@ pídelle a alguén da familia que chas pregunte nos dous idiomas.
Sesión 10
·    Kahoot challenge. Trátase dun pequeno xogo online, onde simplemente tes que facer clic nas respostas correctas. Segue os seguintes pasos:
-.  Fai clic no enlace de abaixo.
-. Escribe o teu NOME E APELIDO.

·         Deixa un comentario neste “Post” sobre como che foi coas tarefas.


























































Se precisades un TRABALLO EXTRA podedes descargar as seguintes FOTOCOPIAS, podedes facer para repasar os temas 1-2-3-4. As solucións están ao final, non as miredes ata que as teñades feitas.

8 comentarios:

  1. Gracias profe Manuela. Estuvo muy interesante el juego de los números.

    Francisco Javier :)

    ResponderEliminar
  2. Ola Fran, xa vin que quitaches unha boa puntuación👏🏼, estúdaos un pouco máis durante estes días e volve probar dentro dunha semana a ver se consigues facer pleno 😉

    ResponderEliminar
  3. Ola Manuela. Vou facendo os deberes que mandas. No xogo dos números confundinme en tres porque eran as respostas moi parecidas pero foi divertido.

    ResponderEliminar
  4. Ola Xoel, si, están feitas así as preguntas a propósito para que piquedes, pero fixeches un excelente traballo. Parabéns!

    ResponderEliminar
  5. Hola teacher como no me dio tiempo hacer el kahoot challenger pues se puede hacer de nuevo y además llevo toda la mañana poniendo el pin y me tuve que descargarlo para haber si me dejaba y nada y se podrá hacer otra vez

    ResponderEliminar
  6. Ola, Xabi, non me din conta de que caducara o xogo, acabo de porlle un mes máis de tempo límite. Supoño que agora xa non terás ningún problema para facelo.

    ResponderEliminar
  7. Hola teacher soy Xavi ya me fue gracias

    ResponderEliminar