Nesta ocasión a obra titulábase "Tarzan", da compañía Face2Face Theatre.
Unha vez máis tivemos a sorte de asistir a un estupendo espectáculo. Os actores interpretaron a obra marabillosamente e o argumento foi moi divertido e entretido.
A maiores tivemos a fortuna de que dúas nas nosas compañeiras saíron ao escenario, e alí participaron do espectáculo como dúas actrices máis.
Noraboa á compañía polo bo traballo, e as nosas dúas actrices improvisadas, que nos deixaron abraidos coas súas dotes de interpretación.
Amosámosvos algunhas imaxes do día de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario