21/11/14

CHRISTMAS 2014

Un ano máis chegou o momento de preparar a nosa panxoliña de Nadal en inglés.
Lembrades que o ano pasado votamos entre todos que versión iamos cantar do villancico "I saw three ships". Este ano necesito de novo a vosa colaboración.

Como o tema central deste ano é o mundo do cine pensei que poderíamos facer unha destas dúas cancións:

Opción 1: "Rudolph the red nosed reindeer" (Rudolph o reno do nariz vermello), da película do mesmo nome (1998)




Opción 2: "Christmas is all around" (O Nadal está por todas partes), da película Love actually (2003)



Escoitade atentamente as dúas opcións, que son moi diferentes, e o luns comentámolas todos xuntos, tamén podedes deixar comentarios coas vosas opinións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario