Nesta ocasión as actividades son un pouco máis lixeiras porque, como todos sabedes, o colexio remata o venres día 19. Polo que moito ánimo con este último bloque, e moi atentos ás instrucións.
Este Bloque 6 terá dúas partes:
- Fichas dixitais sobre o topic "The Summer" Prazo ata o domingo 14.
- Póster "This summer I want to..." Prazo ata o venres día 19.
Para a avaliación deste bloque non é necesario que me enviedes nada, as fichas dixitais xa as reviso eu na miña aplicación,, e o póster deberedes subilo directamente á aplicación Padlet. Se alguén ten dificultades coa subida a Padlet pode enviarme a foto do Póster por email e xa o subo eu.
Aviso importante: Lembrade que a partir de hoxe luns ás 00:00 as tarefas atrasadas dos bloques anteriores serán corrixidas pero xa non contarán para a avaliación do Terceiro Trimestre.
PARTE 1: FICHAS DIXITAIS.
- Farás 6 fichas dixitais sobre vocabulario relacionado co verán "SUMMER"
- Entrega cada ficha co teu nome unido a palabra summer. Por exemplo: ManuelaFeijooSummer
- Data límite: domingo 14 de xuño
- Non é necesario enviar ningún email á profesora
Ficha 1: "SEASONS" (estacións do ano).
Arrastra os nomes das estacións do ano ao debuxo correspondente.
Se necesitas repasar as estacións do ano podes ver antes este vídeo.
Ficha 4: LISTEN AND MATCH 1
Atopa nesta Sopa de Letras estas 8 palabras relacionadas co verán:
BEACH: praia SUMMER: verán CAMP: acampar
SUN: sol FUN: diversión SWIM: nadar
HOT: calor WATER: auga
Ficha 6: READ AND ANSWER
BEACH: praia SUMMER: verán CAMP: acampar
SUN: sol FUN: diversión SWIM: nadar
HOT: calor WATER: auga
Ficha 6: READ AND ANSWER
Le o texto e selecciona se as frases son True (verdadeiras) ou False (falsas)
Marca os obxectos que leva á praia
PARTE 2: POSTER: THIS SUMMERTIME I WANT TO.
- Deberás facer nun folio un póster sobre un mínimo de 5 actividades que che apetezcan moito facer este verán. Imos imaxinar que imos poder facer de todo. Para inspirarte tes máis abaixo unha ficha dixital onde aparecen un montón de posibles actividades divertidas para facer no verán. Se tes dúbidas sobre o que significa algunha, ou de como escribir outras diferentes podes deixarme un comentario nesta entrada.
Marca os obxectos que leva á praia
PARTE 2: POSTER: THIS SUMMERTIME I WANT TO.
- Deberás facer nun folio un póster sobre un mínimo de 5 actividades que che apetezcan moito facer este verán. Imos imaxinar que imos poder facer de todo. Para inspirarte tes máis abaixo unha ficha dixital onde aparecen un montón de posibles actividades divertidas para facer no verán. Se tes dúbidas sobre o que significa algunha, ou de como escribir outras diferentes podes deixarme un comentario nesta entrada.
Aproveitaremos para practicar " I want to" (yo quiero...)
Instrucións para a realización do póster:
- O debuxo debe ser feito en horizontal.
- Debe titularse: This Summertime I want to... (Este verano yo quiero...)
- O título debe destacar en tamaño e colorido.
- Deben aparecer un mínimo de 5 actividades, cun debuxo, símbolo ou foto relacionado con cada actividade e unha frase completa acompañando a cada debuxo. Por exemplo ( I want to have a picnic / I want to camp in the backyard) (Eu quero facer un picnic / Eu quero acampar no patio trasero).
Instrucións de como subiro teu Póster a Padlet:
- Fai clic no símbolo +, na esquina inferior dereita.
- Escribe no título o teu Nome
- Dalle ao símbolo da cámara de fotos se queres quitar a foto ao teu debuxo e subila, ou ben, dalle ao símbolo da frecha hacia arriba se a foto xa a tes no teu dispositivo e soamente queres subila.
Se tendes dificultades en subila foto podedes enviarme por email.
Ningún comentario:
Publicar un comentario