Chegamos ao último Bloque de actividades de inglés, o Bloque 6!
Nesta ocasión as actividades son un pouco máis lixeiras porque, como todos sabedes, o colexio remata o venres día 19. Polo que moito ánimo con este último bloque, e moi atentos ás instrucións.
Este Bloque 6 terá dúas partes:
- Fichas dixitais sobre o topic "The Summer" Prazo ata o domingo 14.
- Póster "This summer I want to..." Prazo ata o venres día 19.
Para a avaliación deste bloque non é necesario que me enviedes nada, as fichas dixitais xa as reviso eu na miña aplicación, e o póster deberedes subilo directamente á aplicación Padlet. Se alguén ten dificultades coa subida a Padlet pode enviarme a foto do Póster por email e xa o subo eu.
Aviso importante: Lembrade que a partir de hoxe luns ás 00:00 as tarefas atrasadas dos bloques anteriores serán corrixidas pero xa non contarán para a avaliación do Terceiro Trimestre.
PARTE 1: FICHAS DIXITAIS.
- Farás 6 fichas dixitais con textos e vocabulario relacionados co verán "SUMMER"
- Entrega cada ficha co teu nome unido a palabra summer. Por exemplo: ManuelaFeijooSummer
- Entrega cada ficha co teu nome unido a palabra summer. Por exemplo: ManuelaFeijooSummer
- Data límite: domingo 14 de xuño
- Non é necesario enviar ningún email á profesora
Ficha 1: Repaso vocabulario 1. LISTEN AND CHOOSE.
Ficha 2: Repaso vocabulario 2. LOOK AND CHOOSE.
Escolle a palabra correcta en cada debuxoFicha 3: Reading 1: READ AND ANSWER
Le con calma a postal de Blake, nela describe as súas vacacións de verán, a onde vai, con quen, que leva na súa maleta (SUITCASE) e o que fai. Logo responde as preguntas.
Ficha 4: Reading 2: READ AND ANSWER
Ficha 5: Reading 3: A Postcard
A. Numera os debuxos según as palabras
B. Le atentamente a postal para identificar os personaxes. Logo escribe YES/NO nas frases se o que poñen é correcto ou incorrecto.
Nesta ficha unha persoa está expresando o que desexa facer este verán, e según o que diga ti deberás recomendarlle ir ao lugar apropiado. Presta moita atención a como escribes as palabras.
- I want to see wild animals (yo quiero ver animales salvajes)
- Go to the ... (Vete a ...)
PARTE 2: POSTER: THIS SUMMERTIME I WANT TO.
- Deberás facer nun folio un póster sobre un mínimo de 5 actividades que che apetezcan moito facer este verán. Imos imaxinar que imos poder facer de todo. Para inspirarte tes máis abaixo unha ficha dixital onde aparecen un montón de posibles actividades divertidas para facer no verán. Se tes dúbidas sobre o que significa algunha, ou de como escribir outras diferentes podes deixarme un comentario nesta entrada.
Aproveitaremos para practicar " I want to" (yo quiero...)
Instrucións para a realización do póster:
- O debuxo debe ser feito en horizontal.
- Debe titularse: This Summertime I want to... (Este verano yo quiero...)
- O título debe destacar en tamaño e colorido.
- Deben aparecer un mínimo de 5 actividades, cun debuxo, símbolo ou foto relacionado con cada actividade e unha frase completa acompañando a cada debuxo. Por exemplo ( I want to have a picnic / I want to camp in the backyard) (Eu quero facer un picnic / Eu quero acampar no patio trasero).
- Cando teñas o teu debuxo rematado sácalle unha foto e súbeo a aplicación Padlet. Instrucións máis abaixo.
Instrucións de como subiro teu Póster a Padlet:
- Fai clic no símbolo +, na esquina inferior dereita.
- Escribe no título o teu Nome
- Dalle ao símbolo da cámara de fotos se queres quitar a foto ao teu debuxo e subila, ou ben, dalle ao símbolo da frecha hacia arriba se a foto xa a tes no teu dispositivo e soamente queres subila.
Se tendes dificultades en subila foto podedes enviarme por email.
Hola teacher soy DAVID Costas en la ficha número cuatro la primera pregunta es Emerson beach pero me la pone como mal cuando en el texto pone Emerson beach
ResponderEliminarOla, David, tes razón, está claramente mal, voulle escribir unha mensaxe ao autor a ver se o corrixe, ti non te preocupes sigue con outra, está claro que ti o tes ben.
ResponderEliminarGrazas por avisar
Encántanme os carteis, todos de estilos diferentes pero moi orixinais.
ResponderEliminarYoel no puso su nombre así yoelvilaboasummer
ResponderEliminarVale, non vós preocupedes, que nome puxo?
ResponderEliminarHola soy Aron el ejercicio 6.2 pide marcar 10 cosas que haré este verano, he marcado 10 y al corregirlo me pone 2\10. No lo entiendo.
ResponderEliminarOla, Arón, esa ficha non a puxen para poñer nota, simplemente é para ver exemplos de frases. Soamente puntúan as outras 6 fichas dixitais.
ResponderEliminarHola profe ,soy Uxia.Voy a hacer otra ved la ficha digital del poster ,por que me olvide de anotarlo
ResponderEliminarPerfecto Uxía, sen problema.
ResponderEliminarUn saúdo