27/04/19

BLOQUE 3: 27 abril-11 maio (6ºcurso)

Comezamos o Bloque 3.
Repasaremos o "Pasado Simple" facendo sobre todo Fichas Dixitais.
Nestas fichas practicaremos actividades de Listening (escoitar), Reading (ler) e Writing (escribir).
Le atentamente as instrucións de cada ficha antes de facela.

Antes de nada, crea na libreta, nunha páxina nova, unha plantilla coma esta, nela terás que ir anotando as fichas dixitais que vas facendo e a nota que quitas en cada unha. Podes repetir cada ficha dixital unha vez. Ao remate deste bloque é posible que che pida unha foto desta plantilla.

BLOQUE 3
27 abril-11 maio
Ficha número:
Nota
 (1º intento)
Nota
 (2º intento)
1


2


3


4


5


6


7


8


9


 Total



Instruccións Fichas Dixitais
Simplemente debedes entrar na ficha correspondente e facela, ao remate debedes darlle a FINALIZADO, pediravos o voso NOME, tras iso inmediatamente na esquina superior esquerda en vermello aparecerá a vosa NOTA, eu recibirei tamén a vosa ficha nese momento a través da aplicación.
Podedes repetir unha vez cada ficha dixital se o desexades.



BLOQUE 3: 27 abril-11 maio

Repaso Pasado Simple
Sesión 1
·   Visualiza o vídeo de como pronunciar os verbos en pasado.

·   Esquema de como pronunciar os verbos regulares en Pasado.
·   Fai na túa libreta os teu propio esquema para recordar esta pronunciación

Sesión 2
· Ficha 1: Pronunciación dos verbos regulares en pasado. Arrastra cada verbo ao seu lugar segundo a súa pronunciación final.
. Cando remates pronuncia en voz alta cada columna.

Sesión 3
Lembra estas normas de como engadir ED aos verbos regulares
      C+V+C significa (consonante+vocal+consonante)

· Ficha 2: Completa os ocos cos verbos conxugados en Past Simple.
Sesión 4
·  Ficha 3: Vídeo Listening verbos regulares.
Visualiza o vídeo as veces que o necesites e completa os ocos coas palabras correctas.
Sesión 5
·  Ficha 4: Arrastra os verbos en pasado para unilos co seu infinitivo.
. Actividade libreta: escribe 7 oracións en pasado usando 7 destes verbos.


. Fai o teu propio esquema na libreta de como engadir ED no pasado

Sesión 6
·  Ficha 5: Escribir o pasado destes verbos irregulares
Sesión 7
·  Ficha 6: Ordenar frases con verbos en pasado.
. Actividade libreta: escribe estas frases ordenadas na libreta (páxina nova, date, weather, título), debaixo de cada frase escribe a súa traducción.
Logo fai a ficha dixital, se tes algún erro corrixe as frases da libreta.
Sesión 8
·    Ficha 7: Verbos regulares e irregulares: escribir, unir ..
Sesión 9
·  Ficha 8: Vídeo listening verbos irregulares.
Visualiza o vídeo as veces que o necesites e completa os ocos coa palabra correcta.
Sesión 10
·  Ficha 9: Crucigrama verbos regulares e irregulares

2 comentarios: