21/11/22

Thanksgiving Day

"O día de Acción de Gracias" (Thanksgiving Day), é unha celebración tradicional dos Estados Unidos e Canadá. Nos Estados Unidos celébrase o cuarto xoves do mes de novembro, e en Canadá o segundo luns de Outubro.

A historia sobre "Thanksgiving" comeza no ano 1620 cando un barco chamado "Mayflower" con cen ingleses "pilgrims" a bordo chega ao que se consideraba o novo mundo, concretamente a Plymouth (Massachusetts). Alí quixeron iniciar unha nova vida pero moitos deles non conseguiron superar o inverno, xa que non tiñan alimentos, e moitos morreron de fame ou frío. Coa chegada da primavera coñeceron aos primeiros nativos americanos, concretamente o primeiro que coñeceron chamábase "Squanto". Os nativos americanos axudaron aos Pilgrims aprendéndolles a cazar e a pescar, ademáis de a cultivar millo, cabaza, etc. Como mostra de agradecemento os Pilgrims invitaron aos seus novos amigos americanos a un banquete onde se comeron entre outros produtos "turkey" e de ahí ven a tradición.


Na actualidade nos Estados Unidos o día de Thanksgiving familiares e amigos reúnense para dar gracias polas cousas boas ocorridas nese ano e para compartir un delicioso banquete onde non pode faltar o famosísimo pavo. Este banquete é igual de importante para eles  que para nós a cea de Noiteboa ou Nadal.


Black Friday
O seguinte día a "Thanksgiving" os comercios inician as rebaixas navideñas, ese venres hai grandes descontos nos comercios polo que moitísima xente sae a mercar e abarrotan todos os centros comerciais. Por iso aquí en España, desde hai uns anos comezamos a ver folletos publicitarios que ofertan grandes rebaixas ese día baixo o titular de "Black Friday", unha tradición americana que xa chegou aquí a España e parece ser que pensa quedarse para sempre.
Relacionado tamén con todo o anterior e froito da expansión do comercio online o luns seguinte ao Black Friday celébrase o Cyber Monday, neste caso con grandes descontos en compras online.



The story of Thanksgiving Day:





Ningún comentario:

Publicar un comentario